Academia de Atenas

Centro educativo fundado por Platón no -387

A Academia de Platón (tamén chamada Academia Platónica, Academia de Atenas ou Academia Antiga) é unha academia fundada por Platón, aproximadamente no -387, nuns xardíns localizados no suburbio de Atenas, consagrados á deusa Atenea e que tradicionalmente pertenceran ao heroe Academo. Caracterizouse, inicialmente, pola continuidade dos traballos desenvolvidos polos pitagóricos, cos que Platón mantiña estreita relación: particularmente co seu mestre Teodoro de Cirene e Arquitas de Tarento. É considerada a primeira escola de filosofía. Nela ingresou Aristóteles, con 17 anos de idade. Admitíase a mulleres na Academia, mais tiñan que vestirse coma homes.

A Academia (Pintura mural ao fresco de Rafael).

A escola de Platón primaba polo ensino dialéctico, onde o saber era encontrado mediante un proceso endóxeno, ou sexa, pola busca individual, a través dos constantes cuestionamentos. A escola rivalizaba coa súa contemporánea de Isócrates - onde o coñecemento consistía soamente na asimilación daquel saber que xa fora producido (algo un tanto semellante ás escolas actuais).

O termo "Academia" gañou, desde entón e até os días actuais, a acepción de local onde o saber non apenas é ensinado, mais producido.

Pode ser considerada coma un antecedente das Universidades de hoxe.

Historia

editar

O amor ao saber - a filosofía - marchaba en Platón lado a lado á paixón pola política. Tentara emprender, na cidade-estado de Siracusa, algunhas das súas ideas, xunto ao ditador local, Dionisio. Alí procura aplicar algunhas das súas concepcións sobre o estado, mais logo vese forzado a desistir, coa sucesión operada por Dionisio II.

Entre as súas viaxes a Siracusa, comprou nos arredores de Atenas o sitio xa referido, por volta do ano -387, mandando que se inscribise no seu portal a frase, de nítida influencia pitagórica:

"Non entre quen non saiba xeometría".

Durante todo o resto da súa vida, o mestre ensinou alí, até o -347 - ano da súa morte. A institución sobreviviulle aínda por centenas de anos: a Academia de Platón só foi fechada en 529, por imposición do emperador romano, Xustiniano.

 
A moderna Academia de Atenas, deseñada por Theofil Hansen e completada no 1887

A historia da Academia tivo tres grandes fases:

  • Academia antiga, formada polos discípulos directos de Platón: Espeusipo, Xenócrates, Polemón, Crates de Atenas, ou Crantor de Soli, cuxa obra non se perpetuo, pero que seguían a doutrina do seu mestre: o coñecemento está baseado en crenzas verdadeiras xustificadas.
  • Academia media, fundada e representada por Arcesilao de Pitana no -244, e se caracteriza pola volta ao método socrático, mediante o uso da ironía, a interrogación e a dúbida nas controversias filosóficas.
  • Academia nova, a partir do -160: representada por Carnéades, que sen caer nun escepticismo absoluto, ensinaba que non se pode acadar máis que o probable, é polo tanto imposible tanto a certeza total coma a completa incerteza.

Hai quen admite unha 4ª e 5ª Academias, personalizadas por Filón de Lárisa e Antíoco de Ascalón, máis próximos ás doutrinas de Platón, a quen tentaron de conciliar co estoicismo.

Localización

editar
 
Mapa da antiga Atenas. A Academia estaba situada ao norte da cidade.

O lugar onde se asentou era un oliveiral sagrado adicado á deusa da sabedoría, Atenea, nos suburbios da cidade de Atenas. Xa desde a idade de bronce facíanse alí ritos relixiosos, e alí Academo, venerara aos Dióscuros Cástor e Pólux. Outras manifestacións relixiosas atenienses neste sitio estaban relacionadas co culto a Prometeo e a Dioniso.

Funcionamento

editar

A idea da escola na "Academia"' difería da concepción moderna: era unha especie de irmandade, onde todos eran libres para expresar as súas ideas.

Os debates versaban sobre todos os temas do saber até entón coñecidos: matemática, xeometría, historia, música, astronomía - alén da propia filosofía.

Alumnos

editar

Clausura

editar

Damascio o Diacodo reorganizou a escola neoplatónica cando a morte de Proclo (485), adicando a súa vida ao estudo da obra de Platón e Aristóteles. Xustiniano, quen desexaba unha unidade relixiosa que garantise a hexemonía do Imperio Bizantino, ditou un edicto no 529 proscribindo o paganismo, xudaísmo e numerosas seitas, prohibindo o ensino da filosofía grega e obrigando o peche da escola de Atenas.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar