Arquitas de Tarento
Arquitas de Tarento (en grego antigo: Ἀρχύτας ὁ Ταραντίνος), nado en Tarento arredor de 430 a. C. e finado en 360 a. C. foi un filósofo, matemático, astrónomo, estadista e xeneral contemporáneo de Platón.
Arquitas de Tarento | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 430 a. C. |
Lugar de nacemento | Taranto |
Falecemento | c. 345 a. C. |
Lugar de falecemento | Taranto |
Ocupación | matemático, físico, filósofo, musicólogo, enxeñeiro e político |
Coñecido por | The Harmonic |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
Arquitas naceu en Tarento (Magna Grecia, hoxe Italia) entre os anos 435 e 410 a. C. Fillo de Hestieo, segundo Aristóxenes, ou de Mneságoras, segundo Dióxenes Laercio.[1] Foi comandante en tres guerras, e strategos de Tarento durante sete anos, o que indica o seu prestixio social xa que a lei prohibía a reelección máis dun ano. Conduciu unha reforma política en Tarento mediante a que chegou a ser a cidade máis rica e poboada da Magna Grecia. A través da construción de memoriais, templos e outros edificios deulle lustre á cidade. Axudou a dar novos impulsos ao comercio ao buscar asociacións con Istria, Grecia e África.
Arquitas de Tarento pertenceu aos Pitagóricos, alumno da escola de Filolao. Foi amigo de Platón, ao que coñeceu durante a primeira viaxe que este realizou ao sur de Italia e a Sicilia en 388 e 387 a. C., tras a morte de Sócrates. Na súa Carta Sétima, Platón asegura que Arquitas tratou de rescatalo nas súas dificultades con Dionisio II de Siracusa mediante unha carta de recomendación e enviando un barco a Sicilia en 361 a. C. Para algúns autores foi o mestre pitagórico de Platón e para outros o seu discípulo.
Ensinou matemáticas a Eudoxo de Cnido, sendo á súa vez mestre de Menecmo.[2] Foi a primeira persoa en lograr unha boa aproximación ao problema da duplicación do cubo, e un dos primeiros que, tras Pitágoras, traballou no coñecemento conxunto da Aritmética, Xeometría, Astronomía e Música, o Cuadrivio, así como da Acústica, acoutando as matemáticas a disciplinas técnicas, coas cales se cre inventou a polea, o parafuso e unha especie de mecanismo articulado con ás, similar a un paxaro, ao que logrou facer voar preto de 300 metros grazas ao impulso dun núcleo de vapor comprimido. Segundo Aristóteles foi o inventor do axóuxere.[3] Outros tamén aseguran a súa influencia directa sobre Euclides.
Segundo conta Horacio nunha das súas odas, Arquitas faleceu nun naufraxio nas costas de Puglia entre os anos 360 e 350 a. C. Horacio escribiu que o seu corpo permaneceu sen sepultura na beira ata que un navegante botou area encima, pois doutra forma vagaría neste lado da lagoa Estixia durante cen anos.
Cráter na lúa editar
Notas editar
- ↑ «Archytas (Stanford Encyclopedia of Philosophy)» (en inglés). 25 de xullo de 2007
- ↑ Ruiz, Ángel (2002). "3". Historia y filosofía de las Matémáticas (en castelán). San Xosé: EUNED. ISBN 978-9968-31-287-5.
- ↑ Política V 6 (1340b)
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arquitas de Tarento |
Bibliografía editar
- Dióxenes Laercio: Vidas, opinións e sentenzas dos filósofos máis ilustres; VIII, 79 - 83: Arquitas.
- Arquitas: fragmentos e testemuños, con tradución e prólogo de Claudio R. Varela.
- Texto bilingüe castelán - grego; documento de Word, en Internet Archive, que require o tipo de letra Palatino Lynotype.
- Varela, Claudio R. (2012). "Arquitas de Tarento. Fragmentos y Testimonios" (PDF). Hybris: revista de filosofía 3 (2): 76–100. ISSN 0718-8382. Texto castelán - grego.
- Fragmentos da obra de Arquitas.
- Hermann Alexander Diels: Fragmentos dos presocráticos (Die Fragmente der Vorsokratiker). A primeira edición fíxose en 1903 en Berlín, e foi dirixida polo propio Diels. A partir da 5ª, substituiría a Diels Walther Kranz.
- FARAH CALDERÓN, Walter: Entre a mentira e a verdade pitagórica: o caso de Arquitas de Tarento.