A telecinesia[1] é o movemento ou distorsión de obxectos co poder da mente, un feito considerado un engano pola maioría da comunidade científica pero que é defendido polos estudosos da parapsicoloxía. A primeira mención ao termo data dun escrito de 1890 de Alexander N. Aksakof.[2] Orixinalmente, facía mención a movementos causados por seres sobrenaturais (anxos, demos ou espíritos) pero máis adiante pasou a significar a modificación consciente de corpos físicos sen tocalos, só coa enerxía saída do cerebro.

Concepción artística da telecinesia espontánea da revista francesa La Vie Mysterieuse (1911).

Non hai ningún experimento aceptado universalmente que probe a existencia deste fenómeno, posto que as probas e observacións ou ben non eran replicábeis ou tiñan carencias metodolóxicas que invalidaban as súas conclusións. Os psicólogos explican a crenza na telecinesia pola tendencia a buscar patróns explicativos de sucesos anormais (clustering illusion)[3] ou polo que rodea o espectáculo da maxia, que causa unha suspensión da credulidade. James Randi Educational Foundation ofrece un premio dun millón de dólares a quen poida demostrar sen dúbidas a existencia da telecinesia ou outras actividades similares, até o momento sen outorgar.

A telecinesia na ficción

editar

Os poltergeist e outros sucesos parecidos poden incluírse dentro da telecinesia, amplamente presente na ficción, incluíndo por exemplo:

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para telecinesia.
  2. Myers, Frederic William Henry (decembro de 1890). Proceedings. Londres, Inglaterra: the journal of the Society for Psychical Research.
  3. Blackmore, Susan J. (1992). "Psychic Experiences: Psychic Illusions". Skeptical Inquirer 16: 367–376.