Código Lyoko

serie animada francesa de ciencia ficción

Código Lyoko (Code Lyoko) é unha serie animada francesa creada por Thomas Romain e Tania Palumbo no ano 2003. Está producida por Antefilms (1ª tempada) e por MoonScoop (da 2ª tempada en diante), en asociación con France 3 e Canal J.

Código Lyoko

Logo de Código Lyoko.
FormatoAcción, Aventuras
Creado porThomas Romain e Tania Palumbo
IntérpretesAnimación
Tema de aperturaUn monde sans danger (Un mundo sen perigo)
País de orixeFrancia
Episodios52
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Christophe e Benoît Di Sabatino
Duración26 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeFrance 3
Primeiro episodio3 de setembro de 2003
Derradeiro episodio?
Na rede
https://web.archive.org/web/20140209080852/http://www.netmedia.co.id/program/code-lyoko
IMDB: tt0417311 Allocine: 4228 TV.com: shows/code-lyoko
Youtube: UCn9zTBZVl6lu72s-6fXttZg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Esta serie utiliza a animación en 2-D (para a representación do mundo real) e a animación en 3-D (para a representación de Lyoko, o mundo informático). En Galicia emítese de luns a venres á mañá no espazo infantil-xuvenil Xabarín Club.

Sinopse

editar

A serie está baseada en Garage Kids que trata de catro estudantes adolescentes que van á Academia Kadic, chamados Jeremie, Yumi, Odd e Ulrich, que descobren a Aelita, unha humana virtual, e viaxan a Lyoko por medio duns escáneres situados nunha fábrica abandonada. Teñen como misión defende-la terra de XANA.

XANA trátase dun virus informático que toma posesión da supercomputadora e ataca ao mundo virtual de Lyoko, creado por Franz Hopper (un antigo profesor de ciencias e ademais, pai de Aelita) para consegui-la dominación do mundo. Ataca ao mundo activando as "torres", xeralmente unha por unha, que actúan como acoplamentos ao mundo real. Os catro amigos teñen que virtualizarse usando os escáneres da fábrica, para axudar a Aelita a atopa-la torre que está activa. Son unhas corenta torres dispersas polos cinco sectores de Lyoko: xeo, deserto, bosque, montaña e Cartago. Mentres que Jeremie se encarga de detecta-los diferentes monstros que lles fan a vida imposible, guiarlles polo bo camiño e axudarlles todo o que pode dende a fábrica, os outros loitan contra estes monstros que XANA envía para que non cumpran co propósito de desactiva-la torre.

Para desactiva-la torre, Aelita ten que entrar nela e teclea-lo código (Lyoko), e así deter a XANA e mailo seu ataque contra o mundo verdadeiro. Despois de conseguilo, a supercomputadora pode iniciar o "regreso ao pasado", se o ataque de XANA foi de grande importancia, deixando só cos recordos do devandito ataque aos nosos heroes.

Personaxes

editar

Principais

editar
  • Jeremie Belpois
  • "Transferencia, escáner, virtualización!"
É un mozo francés de 13 anos. Jeremie é un grande estudante admirado polos seus profesores. É o cerebro do grupo e ás veces é chamado "Einstein" ademais trátase dun experto en ordenadores. Traballa dende a fábrica axudando aos seus amigos nas súas misións. Na primeira tempada, traballa para materializar a Aelita no mundo real e remata por conseguilo, pero descobre que ela ten un virus que a vencella a XANA, e se XANA morre, Aelita tamén. Así Jeremie ten que atopa-lo anti-virus para eliminalo e destruír a XANA. Jeremie está namorado de Aelita.
Primeira aparición: "Godzilla, o oso de peluche"; episodio 1.
  • Aelita Schaeffer
  • "Torre desactivada"
Ten 12 anos e é tímida. Está namorada de Jeremie. Ela é a única que pode desactivar as torres. Despois de recuperar a súa memoria ó final da segunda tempada, descóbrese que é filla de Franz Hopper.
Primeira aparición: "Godzilla, o oso de peluche"; episodio 1.
  • Puntos vitais: 100.
  • Poder: a sintetización; pode crear ou destruír obxectos de Lyoko. Pode crear copias de persoas para distrae-los monstros que os atacan. Estes poderes quítanlle-los seus puntos de vida, polo que non os pode usar máis dunha ou dúas veces.
  • Arma: lanza bólas de enerxía de cor rosa que pode facer máis grandes ou xuntar dúas para protexerse.
  • Vehículo: utiliza calquera dos tres vehículos dipoñibles.
  • Yumi Ishiyama (Ishiyama Yumi-san en xaponés)
Yumi é un ano maior có resto do grupo. Naceu no Xapón e conserva a súa cultura orixinal. A tradición de vestirse con roupa negra e o seu gran respecto polos seus pais, pódenlle dar un aspecto frío e rebelde, pero en realidade é xenerosa e amable. Ten un irmán máis novo chamado Hiroki. En Lyoko, o seu traxe é o dunha gueixa ou princesa xaponesa. O seu equipo simboliza a súa personalidade, cultura e beleza natural. Está namorada de Ulrich, pero na segunda tempada coñece a William Dunbar, e comeza a dubidar...
Primeira aparición: "Godzilla, o oso de peluche"; episodio 1.
  • Puntos vitais: 100.
  • Poder: a telecinesia. Este poder permítelle levantar a maioría dos obxectos de Lyoko, incluíndo persoas. Mentres está a usar o seu poder, unha luz branca-rosada arrodéaa.
  • Arma: os seus dous abanos que é capaz de lanzar coma un boomerang, aínda que tamén os pode usar coma escudo.
  • Vehículo: utiliza o "overwing", un scooter deseñado por Jeremie para permitir un percorrido máis rápido en Lyoko. Pódese voar con el.
  • Ulrich Stern
Ten 13 anos e é fillo único. Está namorado de Yumi, pero ponse celoso ao vela con William. Comparte con Odd o cuarto da academia. É solitario e calado, pero é forte e veloz. Non sabe claramente de que país provén, pero el pensa que vén de Alemaña debido ao seu nome. En Lyoko convértese nun samurai.
Primeira aparición: "Godzilla, o oso de peluche"; episodio 1.
  • Puntos vitais: 100.
  • Poder: a multiplicación; pode clonarse a si mesmo, pero como Aelita, se se destrúen os seus clones, perde 50 puntos de vida. Tamén pode fomar un triángulo equilátero ao redor dos seus inimigos para distraelos. Trátase dunha mestura entre a multiplicación e a supercarreira, un poder que lle permite correr a gran velocidade por Lyoko.
  • Arma: é unha katana dixital, chamado comunmente sabre, que é o único que o protexe.
  • Vehículo: utiliza un "overbike", unha motocicleta dunha soa roda. Foi desenvolvida por Jeremie e pode voar.
  • Odd Della Robbia
Ten 13 anos. Non se sabe o país de orixe, pois o seu apelido é italiano pero o seu nome é noruegués e outras veces dise que é canadense. Os seus pais son artistas. Recibe burlas dos seus amigos pola súa obsesión coa comida, aínda así é fraco e prefire describirse como "esvelto". É o cómico e tamén o máis valente e enérxico. Ten un can chamado "Kiwi", o cal está escondido na academia sen que ninguén o descubrise ata o de agora. En Lyoko é un home/gato moi parecido a como é na Terra.
Primeira aparición: "Godzilla, o oso de peluche"; episodio 1.
  • Puntos vitais: 100.
  • Poder: a anticipación aos feitos nun espazo de tempo curto (non usa este poder na segunda tempada).
  • Arma: as "frechas láser" situadas nun lanzador por riba da súa man.
  • Vehículo: posúe un "overboard", unha táboa que se axusta á súa personalidade e deseñada por Jeremie. Con ela pode ir máis rápido por Lyoko e tamén pode voar. É o máis doado de manexar.
  • William Dunbar
William introdúcese como un novo estudante na segunda tempada. Foi expulsado da súa vella escola. É un admirador de Yumi. Porén, respecta a relación romántica entre Yumi e Ulrich, e non se propón rompela. No episodio 65 (A batalla final) únese ao grupo para loitar contra XANA, pero é posuído pola Scyphozoa e faise un servo de XANA.
Primeira aparición: "Nova orde"; episodio 27.
  • Puntos vitais: 100.
  • Poder: Super fume, co que pódese transformar nun fume negro e lle permite permite moverse a gran velocidade por Lyoko, máis que Ulrich, e tamén pode atacar con este poder.
  • Arma: unha espada moi grande, do tipo Zweihänder.
  • Vehículo: cando foi posuído por XANA, el utiliza mantas e tarántulas. En Código Lyoko: Evolución, utiliza o super fume como vehículo.
  • XANA
É a antagonista da serie e quere destruír aos nosos heroes e dominar o mundo. XANA foi creada por Franz Hopper. Cando lanza un ataque activando unha torre, esta vólvese de cor vermella e os montros que están ao seu servizo van protexe-la torre activa para que Aelita non a desactive. Máis adiante, descóbrese que cada vez que inician o "regreso ao pasado", XANA dobra a súa enerxía.
Primeira aparición: "Godzilla, o oso de peluche"; episodio 1.

Secundarios

editar
  • Elisabeth "Sissi" Delmas
É a filla do director da escola, Jean-Pierre Delmas, e considérase a moza máis atractiva de toda a escola. Está namorada de Ulrich (quen non corresponde) e está celosa de Yumi (á que lle atrae Ulrich). Indubidablemente, durante a primeira tempada non apareceu moito. Tivo máis protagonismo na segunda tempada, aínda que ela segue sen ser unha peza imporante da serie. Ás veces, ela incluso axuda ao grupo a alcanza-la vitoria, a pesar de que ela non sabía da importancia da súa axuda. Nun capítulo admite que o único que desexa é ser aceptada por Jeremie e os demais.
  • Milly Solovieff e Tamiya Diop
Son dúas xornalistas que editan o xornal do colexio. Aínda que son pequenas, adican o seu tempo libre a fotografar e realizar artigos para o xornal de Kadic. Milly posúe un oso de peluche ó que lle ten moito agarimo. As dúas comparten cuarto na escola.
  • Jim Moralés
É o mestre de educación física, o supervisor do campus e o técnico, entre outras cousas. Nun episodio decide ser parte do grupo para non perde-lo seu traballo e estivo presente nunha materialización de Aelita, cousa que non recorda por mor do "regreso ao pasado". Nalgúns episodios da segunda tempada Jim di que tivo varios traballos (traballador dos sumidoiros, soldado, fotógrafo de guerra, instrutor de baile etc.), pero evita falar do tema cando se lle pregunta.
  • Jean-Pierre Delmas
É o director da Academia Kadic e, ademais, é o pai de Sissi Delmas. Non é moi estrito, pero pódeo ser se é necesario nun caso de emerxencia na escola (como nun ataque de XANA); ou coa súa filla, cando se comporta mal.
  • Hervé Pichon e Nicolas Poliakoff
Son os dous inseparables amigos de Sissi. Aínda que ela non os acepta como tal, os dous indubidablemente a seguen a calquera parte. Mágoa para ela, os dous están namorados da filla do director.
  • Franz Hopper (Waldo Schaeffer)
É o creador da supercomputadora, de Lyoko e de XANA. Foi mestre de ciencias na Academia Kadic. Jeremie ten unha copia dos seus diarios, copiada duns CDs que foron destruídos por Xana pouco despois de que o grupo os encontrara. Franz está escondido nalgún sitio de Lyoko e non se sabe do seu paradoiro.

Escenarios

editar

Fábrica

editar

A fábrica é o lugar da serie onde se pode atopar o supercomputador que contén Lyoko. Aquí áchase o equipo usado para poder ter acceso a Lyoko. Consiste nun espazo de catro niveis: o piso da fábrica, o laboratorio, o cuarto de escáneres e o cuarto da supercomputadora. Os tres últimos niveis están protexidos por grandes portas seladas electromagneticamente por motivos de seguridade. Soamente se pode acceder á fábrica por un sumidoiro situado no bosque que está ao carón da Academia Kadic. Para acceder á sala da supercomputadora hai que usar un ascensor que protexe ben tódolos aparellos que aí gardan.

  • O laboratorio: No seu centro está o Holósfero, un proxector circular que mostra unha representación tridimensional de Lyoko ou de Cártago (o 5º sector). Unha cadeira que está conectada cunha pista no teito permite que o usuario que usa o Holósfero o faga xirar ao redor deste.
  • A sala de escáneres: Esta área sitúase debaixo do laboratorio. Dentro dela están os tres escáneres que proporcionan o acceso a Lyoko. No centro deste cuarto hai unha porta que proporciona acceso ao cuarto da supercomputadora.
  • A sala da supercomputadora: Alberga a supercomputadora física que contén Lyoko.

Academia Kadic

editar

A Academia Kadic funciona como unha escola de educación secundaria. O seu director é Jean-Pierre Delmas e o seu supervisor é Jim Moralés. Cando XANA lanza algún ataque vai dirixido a esta Academia, pois o grupo vive e estuda aí.

  • Cuartos das caldeiras: Estes cuartos sitúanse nos sotos do edificio da administración e no ximnasio. Os cuartos das caldeiras proporcionan a calor para a escola nos días de friaxe, usando estufas algo pasadas de moda de carbón. Nun episodio da serie Jim e o director Delmas levan aos estudantes (incluíndo Yumi, Ulrich e Odd) á caldeira para evitar que estes se conxelaran por mor do mal tempo que fora causado por XANA.
  • A cafetería: Este edificio proporciona a comida aos estudantes. Nela adoita estar Rosa, a cociñeira.
  • Os dormitorios: Son os cuartos onde os estudantes pasan a noite. Os dormitorios dos nenos están separados dos das nenas (están situados en diferentes pisos). Jim encárgase de vixiar que ninguén pase dun piso ao outro.
  • O ximnasio: Son as instalacións que serven para realizar varios deportes de interior como, por exemplo, baloncesto ou escalada. Tamén é usado como espazo para acoller varios acontecementos na escola. Este edificio tamén posúe un cuarto de adestramento que Jim utiliza.

Episodios

editar

Esta é unha listaxe dos episodios da serie, e só as dúas primeiras tempadas foron emitidas na Televisión de Galicia. Están estruturados en cadansúa tempada:

Primeira tempada

editar
# Título Data de emisión en Galicia Data de emisión en Francia
1 "Godzilla, o oso de peluche" 14 de abril do 20073 de setembro do 2003
2 "Ver para crer" 21 de abril do 200710 de setembro do 2003
3 "Vacacións con bruma" 28 de abril do 200717 de setembro do 2003
4 "O diario" 1 de maio do 200724 de setembro do 2003
5 "O virus" 5 de maio do 20071 de outubro do 2003
6 "Dilema cruel" 12 de maio do 20078 de outubro do 2003
7 "Problema de imaxe" 19 de maio do 200715 de outubro do 2003
8 "Última toma" 26 de maio do 200722 de outubro do 2003
9 "O satélite" 2 de xuño do 200729 de outubro do 2003
10 "A rapaza dos meus soños" 9 de xuño do 20075 de novembro do 2003
11 "A praga" 16 de xuño do 200712 de novembro do 2003
12 "O ataque das avespas" 23 de xuño do 200719 de novembro do 2003
13 "Xusto a tempo" 30 de xuño do 200726 de novembro do 2003
14 "A trampa" 7 de xullo do 20073 de decembro do 2003
15 "Ataque de risa" 14 de xullo do 200710 de decembro do 2003
16 "Claustrofobia" 21 de xullo do 200717 de decembro do 2003
17 "Amnesia" 28 de xullo do 200724 de decembro do 2003
18 "Melodía mortal" 4 de agosto do 200731 de decembro do 2003
19 "Fronteira" 11 de agosto do 20077 de xaneiro do 2004
20 "Os robots" 18 de agosto do 200714 de xaneiro do 2004
21 "Zona de gravidade cero" 25 de agosto do 200721 de xaneiro do 2004
22 "Rutina" 1 de setembro do 200728 de xaneiro do 2004
23 "Ataque subterráneo" 8 de setembro do 20074 de febreiro do 2004
24 "A canle oculta" 15 de setembro do 200711 de febreiro do 2004
25 "Código: Terra" 22 de setembro do 200718 de febreiro do 2004
26 "Intento frustrado" 29 de setembro do 200725 de febreiro do 2004

Segunda tempada

editar
# Título Data de emisión en Galicia Data de emisión en Francia
1 (27) "Nova orde" Descoñecido31 de agosto do 2005
2 (28) "Territorio inexplorado" Descoñecido7 de setembro do 2005
3 (29) "Exploración" Descoñecido14 de setembro do 2005
4 (30) "Un gran día" Descoñecido21 de setembro do 2005
5 (31) "O señor Pück" Descoñecido28 de setembro do 2005
6 (32) "O día de San Valentín" Descoñecido5 de outubro do 2005
7 (33) "Mestura final" Descoñecido12 de outubro do 2005
8 (34) "O elo perdido" Descoñecido19 de outubro do 2005
9 (35) "As cartas sobre a mesa" Descoñecido26 de outubro do 2005
10 (36) "Marabunta" Descoñecido2 de novembro do 2005
11 (37) "Intereses comúns" Descoñecido9 de novembro do 2005
12 (38) "Tentación" Descoñecido7 de decembro do 2005
13 (39) "Unha volta mala" Descoñecido16 de novembro do 2005
14 (40) "Ataque de zombies" Descoñecido23 de novembro do 2005
15 (41) "Ultimatum" Descoñecido30 de novembro do 2005
16 (42) "Unha boa lea" Descoñecido14 de decembro do 2005
17 (43) "O bico de XANA" Descoñecido11 de xaneiro do 2006
18 (44) "Vertixe" Descoñecido11 de xaneiro do 2006
19 (45) "Guerra fría" Descoñecido18 de xaneiro do 2006
20 (46) "Escenas repetidas" Descoñecido18 de xaneiro do 2006
21 (47) "En forma" Descoñecido25 de xaneiro do 2006
22 (48) "Anda alguén aí?" Descoñecido25 de xaneiro do 2006
23 (49) "Franz Hopper" Descoñecido1 de febreiro do 2006
24 (50) "Contacto" Descoñecido1 de febreiro do 2006
25 (51) "A revelación" Descoñecido8 de febreiro do 2006
26 (52) "A clave" Descoñecido8 de febreiro do 2006

Terceira tempada

editar
# Título Data de emisión en Galicia Data de emisión en Francia
1 (53) "Directo ao corazón" Non estreado9 de setembro do 2006
2 (54) "Lyoko menos un" Non estreado16 de setembro do 2006
3 (55) "A marea alta" Non estreado23 de setembro do 2006
4 (56) "Unha pista falsa" Non estreado30 de setembro do 2006
5 (57) "Memorias de Aelita" Non estreado7 de outubro do 2006
6 (58) "O pretendente" Non estreado14 de outubro do 2006
7 (59) "O segredo" Non estreado21 de outubro do 2006
8 (60) "Demencia temporal" Non estreado1 de novembro do 2006
9 (61) "Sabotaxe" Non estreado2 de novembro do 2006
10 (62) "A ninguén en particular" Non estreado3 de novembro do 2006
11 (63) "Problema triplo" Non estreado6 de novembro do 2006
12 (64) "Problema dobre" Non estreado7 de novembro do 2006
13 (65) "A batalla final" Non estreado8 de novembro do 2006

Cuarta tempada

editar
# Título Data de emisión en Galicia Data de emisión en Francia
1 (66) "O regreso de William" Non estreado13 de agosto do 2007
2 (67) "Dous dobres" Non estreado14 de agosto do 2007
3 (68) "Acto de apertura" Non estreado30 de agosto do 2007
4 (69) "Sala de xogos" Non estreado15 de agosto do 2007
5 (70) "Skidbladnir" Non estreado16 de agosto do 2007
6 (71) "Primeira viaxe" Non estreado17 de agosto do 2007
7 (72) "Curso intensivo" Non estreado20 de agosto do 2007
8 (73) "Réplica" Non estreado21 de agosto do 2007
9 (74) "Prefiro non falar sobre isto" Non estreado22 de agosto do 2007
10 (75) "Choiva quente" Non estreado23 de agosto do 2007
11 (76) "O lago" Non estreado24 de agosto do 2007
12 (77) "Perdida no fondo do mar" Non estreado27 de agosto do 2007
13 (78) "O laboratorio" Non estreado28 de agosto do 2007
14 (79) "Dereito de gabar" Non estreado29 de agosto do 2007
15 (80) "Vida de can" Non estreado29 de agosto do 2007
16 (81) "Falta de boa vontade" Non estreado30 de agosto do 2007
17 (82) "Memorias distantes" Non estreado30 de agosto do 2007
18 (83) "Mala sorte" Non estreado8 de setembro do 2007
19 (84) "Mísil guiado" Non estreado15 de setembro do 2007
20 (85) "A fermosa de Kadic" Non estreado22 de setembro do 2007
21 (86) "Un can multiplicado" Non estreado29 de setembro do 2007
22 (87) "Unha odisea para Odd" Non estreado6 de outubro do 2007
23 (88) "Curmáns inimigos" Non estreado13 de outubro do 2007
24 (89) "Música que calma a besta salvaxe" Non estreado20 de outubro do 2007
25 (90) "Medusa" Non estreado27 de outubro do 2007
26 (91) "Mala cobertura" Non estreado3 de novembro do 2007
27 (92) "Suor fría" Non estreado3 de novembro do 2007
28 (93) "Regreso á Terra" Non estreado3 de novembro do 2007
29 (94) "Loitar ata o final" Non estreado10 de novembro do 2007
30 (95) "Ecos" Non estreado10 de novembro do 2007
# Título Data de emisión en Galicia Data de emisión en Francia
1 (96) "XANA 2.0" Non estreado5 de xaneiro do 2013
2 (97) "Cortex" Non estreado5 de xaneiro do 2013
3 (98) "Espectromanía" Non estreado5 de xaneiro do 2013
4 (99) "Señora Einstein" Non estreado19 de xaneiro do 2013
5 (100) "Rivalidade" Non estreado26 de xaneiro do 2013
6 (101) "Sospeitas" Non estreado2 de febreiro do 2013
7 (102) "Conta atrás" Non estreado9 de febreiro do 2013
8 (103) "Virus" Non estreado16 de febreiro do 2013
9 (104) "Como enganar a XANA" Non estreado23 de febreiro do 2013
10 (105) "O espertar do guerreiro" Non estreado2 de marzo do 2013
11 (106) "Encontro" Non estreado9 de marzo do 2013
12 (107) "Caos en Kadic" Non estreado16 de marzo do 2013
13 (108) "Venres 13" Non estreado23 de marzo do 2013
14 (109) "Intruso" Non estreado30 de marzo do 2013
15 (110) "Sen códigos" Non estreado6 de abril do 2013
16 (111) "Confusión" Non estreado13 de abril do 2013
17 (112) "Unha carreira profesional asegurada" Non estreado20 de abril do 2013
18 (113) "Obstinación" Non estreado27 de abril do 2013
19 (114) "Trampa" Non estreado5 de maio do 2013
20 (115) "Espionaxe" Non estreado13 de decembro do 2013
21 (116) "Falsos dobres" Non estreado14 de decembro do 2013
22 (117) "Motín" Non estreado15 de decembro do 2013
23 (118) "O día malo de Jeremie" Non estreado16 de decembro do 2013
24 (119) "Paradoxo temporal" Non estreado17 de decembro do 2013
25 (120) "Masacre" Non estreado18 de decembro do 2013
26 (121) "Última misión" Non estreado19 de decembro do 2013

Dobraxe ó galego

editar
  • Estudio: Século XXI.
  • Data: 2006.
  • Dirección: Tuto Vázquez e Xerardo Couto.
  • Tradución: Xerardo Couto.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
 
Actor orixinal
 
Jeremie Belpois Óscar Fernández Sharon Mann
Aelita Schaeffer Ana Ouro Sharon Mann
Yumi Ishiyama Montse Davila Mirabelle Kirkland
Ulrich Stern Antón Ja Barbara Scaff
Odd Della Robbia Chema Gagino Matthew Géczy
Elisabeth 'Sissi' Delmas Teresa Santamaría Jodi Forrest
William Dunbar Xerardo Couto David Gasman
Jim Morales Matías Brea David Gasman
Herb Pichon Matías Brea David Gasman
Nicolas Poliakov Roberto Reboiro Matthew Géczy
Milly Solovier Isabel Vallejo Mirabelle Kirkland
Tamiya Diop Chelo Díaz Barbara Scaff
Hiroki Ishiyama Teresa Santamaría Barbara Scaff
Suzanne Hertz Isabel Vallejo Jodi Forrest
Jean-Pierre Delmas Tuto Vázquez Allan Wenger
Franz Hopper Xosé Manuel Rodríguez Paul Bandey

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar