As gueixas[1] (芸者 geisha?), geiko (芸子/芸妓?) ou geigi (芸妓?) son artistas femininas xaponesas tradicionais que actúan como anfitrioas. As súas habilidades inclúen varias artes como a música clásica, a danza, os xogos, e a conversa, tradicionalmente para entreter clientes masculinos, mais tamén clientes femininas no presente. Contrariamente á opinión popular, as gueixas non son un equivalente oriental das prostitutas, senón que a condición de gueixa é cultural, simbólica e chea de status, delicadeza e tradición. Ó longo dos séculos, ese contexto foi desenvolvido polo perfeccionamento da técnica desas artes e pola estrutura ríxida necesaria para se converter nunha gueixa.

Perfil da gueixa Kimiha de Miyagawacho, levando un kimono negro formal (tomesode) e un nihongami de estilo shimada.
Geiko Tsunemomo de Gion Higashi
Escritura kanji da verba geisha (lit. ‘persoa das artes’).

Etimoloxía editar

Gueixa (pron: /'ɡeiʃa/; xaponés: [ɡe̞ːɕa̠]),[2] como todos os substantivos xaponeses, non ten singular distinto ou variantes plurais. A palabra está composta por dous kanji, gei (芸), que quere dicir "arte", e sha (者), que quere dicir "persoa" ou "practicante". A tradución máis literal de gueixa sería "artista", "persoa que fai arte".[3] Outro nome para gueixa é geiko (芸子), que é normalmente empregado para referirse á gueixa do oeste do Xapón, rexión que inclúe Quioto.

As aprendices de gueixa son chamadas maiko (舞子 ou 舞妓), literalmente "pequena danzarina", ou hangyuku (半玉), "media xoia" (o que significa que elas son pagadas soamente coa metade do salario dunha gueixa completa),[4] ou polo termo máis xenérico o-shaku (御酌), literalmente "aquela que derrama (alcohol)".

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gueixa.
  2. 'Geisha' pronunciado en xaponés, Forvo, o dicionario de pronunciación
  3. Wolfgang Hadamitzky, Kimiko Fujie-Winter"The Kanji Dictionary". p. 700. 
  4. Masuda, Sayo, 2003, Autobiography of a Geisha, trans. G.G. Rowley, Columbia University Press, New York ISBN 0-231-12951-3

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aihara, Kyoko. Geisha: A Living Tradition. Londres: Carlton Books, 2000. ISBN 1-85868-937-6, ISBN 1-85868-970-8.
  • Ariyoshi Sawako, The Twilight Years. Traducido por Mildred Tahara. Nova York: Kodansha America, 1987.
  • Burns, Stanley B., e Elizabeth A. Burns. Geisha: A Photographic History, 1872–1912. Brooklyn, N.Y.: powerHouse Books, 2006. ISBN 1-57687-336-6.
  • Downer, Lesley. Women of the Pleasure Quarters: The Secret History of the Geisha. Nova York: Broadway Books, 2001. ISBN 0-7679-0489-3, ISBN 0-7679-0490-7.
  • Foreman, Kelly. "The Gei of Geisha. Music, Identity, and Meaning." Londres: Ashgate Press, 2008.
  • Ishihara, Tetsuo. Peter MacIntosh, trans. Nihongami no Sekai: Maiko no kamigata (The World of Traditional Japanese Hairstyles: Hairstyles of the Maiko). Kyōtō: Dōhōsha Shuppan, 1993. ISBN 4-8104-1294-6.
  • Iwasaki, Mineko, with Rande Brown. Geisha, A Life (also known as Geisha of Gion). Nova York: Atria Books, 2002. ISBN 0-7434-4432-9, ISBN 0-7567-8161-2; ISBN 0-7434-3059-X.
  • Scott, A.C. The Flower and Willow World; The Story of the Geisha. Nova York: Orion Press, 1960.