Code Lyoko (videoxogo)
Code Lyoko é un videoxogo de acción e de rol baseado na serie animada francesa Código Lyoko, sendo o primeiro videoxogo baseado na devandita serie. O xogo foi desenvolvido por DC Studios e distribuído por The Game Factory para Nintendo DS, chegando ao mercado en maio do 2007 en Estados Unidos, en xuño do 2007 en Australia e en novembro do mesmo ano en Europa.
Code Lyoko | |
---|---|
Tipo | videoxogo ![]() |
Xénero artístico | videoxogo de acción e aventura e videoxogo de rol ![]() |
Franquía | Código Lyoko ![]() |
Modo de xogo | videoxogo para un xogador ![]() |
Publicación | |
País orixe | Canadá ![]() |
Editorial | The Game Factory ![]() |
Plataforma | Nintendo DS ![]() |
Parte da serie | Code Lyoko ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Trama
editarO xogo, do mesmo xeito que a serie, segue as aventuras de catro estudantes que descobren a existencia dun universo paralelo misterioso chamado Lyoko. Os catro, Jeremie, Odd, Ulrich e Yumi, descobren que tanto a Terra como Lyoko están ameazados por un virus múltiple chamado XANA, o cal infectou ao supercomputador que o controla todo. Os mozos deberán compaxinar a súa vida normal de estudantes coa misión de converterse en heroes.
Xogo
editarO xogo Código Lyoko móvese entre o mundo real, en 2D, e o universo de Lyoko, en 3D. O xogo contén 15 episodios baseados na 1ª, 2ª e 3ª tempada da serie de debuxos. Á hora de loitar, utiliza un amplo rango de habilidades: disparar, loitar, resolución de crebacabezas e exploración aínda que, sorprendentemente, non hai capacidade de salto, unha habilidade case imprescindible na serie.
Acollida e crítica
editarA crítica apreciou a fidelidade do xogo á serie,[1] mais o seu modo de xogo en liña supuxo un problema xa que os xogadores son guiados en exceso nas accións que deben facer. A cámara fixa e non controlable que dirixe ó xogador en Lyoko tamén foi moi criticada.[2]
Notas
editar- ↑ « un jeu d'action particulièrement fidèle à son modèle. » Test du jeu sur Jeuxvideo.com
- ↑ (en inglés) « {{{2}}} » Analyse du jeu Arquivado 13 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. sur IGN
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Code Lyoko en GamersHell.com