O termo mundo deriva do latín mundus, mundi e refírese á totalidade das entidades, ao conxunto da realidade ou a todo o que existe.

Imaxe do mundo físico, captada polo Telescopio Espacial Hubble. Esta visión composta abrangue o espectro visible e de radiación infravermella próxima, revelando aproximadamente 10.000 galaxias en varias etapas de formación estelar.

A conceptualización do mundo foi abordada de maneiras diversas en distintos campos do saber.[1] Algunhas concepcións ven o mundo como único: non pode haber máis que un mundo. Outras falan dunha "pluralidade de mundos".[2] Algúns ven os mundos como cousas complexas compostas de moitas substancias como as súas partes, mentres outros sosteñen que os mundos son simples no sentido de que hai só unha substancia: o mundo como un todo.[3]

Simulación a partir das observacións do Telescopio Espacial James Webb de dúas galaxias espirais nun choque prolongado de dous mil millóns de anos, que finalmente se funden nunha única galaxia elíptica. O James Webb non só "ampliou" a nosa visión física do universo ao permitirnos ver máis lonxe e con maior claridade, senón que expandiu a nosa comprensión conceptual do universo, afectando ás teorías sobre a cosmoxénese, a evolución das galaxias, a natureza dos exoplanetas, e as posibilidades de vida noutros mundos.

Definicións e acepcións

editar
 
"Historia de Tobías e o anxo", obra do s, XVI dun seguidor de Joachim Patinir. Esta pintura mostra unha paisaxe do mundo que reflicte a visión de comezos da Idade Moderna dun escenario estruturado, ligando narrativas bíblicas cun fondo paisaxístico detallado que buscaba unha representación ampla do mundo.

Enfoques académicos e culturais

editar

A diversidade de enfoques sobre o concepto de "mundo" inclúe:

 
Yggrasil, a árbore do mundo da mitoloxía nórdica.

Monismo e pluralismo

editar
  • Monismo: É unha tese filosófica que sostén que só existe unha cousa en certo sentido. Afirma que o mundo é o único obxecto concreto que existe, o que significa que todos os "obxectos" concretos que atopamos na nosa vida cotiá non son realmente obxectos nun sentido estrito, senón aspectos dependentes do obxecto mundial.[3] Nun monismo de existencia a idea de múltiples universos podería parecer contraditoria, pero en tanto que sostén que só existe un único obxecto concreto, podería argumentar que todo o multiverso é, en realidade, un único ente con múltiples aspectos ou partes que percibimos como universos separados e aínda que sexan percibidos múltiples "universos", todos eles forman parte dunha única entidade conxunta. Nun monismo prioritario, aínda que existan múltiples entidades, todas dependen dunha única entidade fundamental (o mundo ou o universo como un todo).
  • Pluralismo: A negación do monismo, sostén que, en certo sentido, existe máis de unha cousa. As formas de pluralismo afirmarían que o mundo é complexo, composto de obxectos concretos e independentes (para Empédocles eran os catro elementos fundamentais).[4] Segundo o pluralismo, non só existe unha variedade de entidades independentes, senón que estas entidades non dependen dunha única realidade ou condición subxacente para a súa existencia, e mesmo poderían ter distintas leis físicas, sendo unha realidade completa en si mesma, sen necesidade de un substrato común que os conecte.[5]
  1. Enzyklopädie Philosophie und Wissenschaftstheorie (en alemán e inglés). doi:10.1007/978-3-662-67774-2. 
  2. Lewis, David K. (1986). On the plurality of worlds. Oxford, UK ; New York, NY, USA : B. Blackwell. ISBN 978-0-631-13993-5. 
  3. 3,0 3,1 Schaffer, Jonathan (2018). Zalta, Edward N., ed. Monism (Winter 2018 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  4. "Empedocles". Internet Encyclopedia of Philosophy: iep.utm.edu (en inglés). Consultado o 2024-07-19. 
  5. Ludwig, David; Ruphy, Stéphanie (2021). Zalta, Edward N., ed. Scientific Pluralism (Winter 2021 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 

Véxase tamén

editar

----

 
 Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.