Materia

sustancia que ten masa en repouso e volume, ou varias outras definicións

En física, a materia (do latín materia 'substancia física') é calquera cousa que posúe masa, ocupa espazo e está suxeita a inercia. A materia é aquilo que existe, aquilo que forma as cousas e que pode observarse como tal; está sempre constituída de partículas elementais con masa non nula (como os átomos, e en escala menor, os protóns, neutróns e electróns).

En filosofía, a materia é obxecto de estudos da ontoloxía, a disciplina que se preocupa en responder basicamente á pregunta "Que existe?", sendo definida nalgúns sistemas filosóficos como manifestación da realidade, en oposición á idea.

De acordo cos descubrimentos da física do século XX, tamén se pode definir materia como enerxía vibrando en baixa frecuencia. A concepción de materia en oposición a enerxía, que perduraba na Física desde a Idade Media, perdeu un pouco do sentido co descubrimento (anunciado en teoría por Albert Einstein) de que a materia era unha forma de enerxía.

Estados de agregación da materia

editar

Poden existir tres estados de agregación da materia, que varían conforme á temperatura e a presión á que se somete un corpo: o estado sólido, que é cando as partículas elementais se atopan fortemente ligadas, e o corpo posúe tanto forma como volume definidos; o estado líquido, no cal as partículas elementais están unidas máis debilmente que no estado sólido, e no cal o corpo só posúe volume definido; e o estado gasoso, no cal as partículas elementais se atopan moi debilmente ligadas, non tendo o corpo nin forma nin volume definidos (como o gas, que ocupa todo o recipiente).

Propiedades da materia

editar

Existen dous tipos de propiedades, as propiedades xerais que están presentes en tódolos tipos de materia e as propiedades específicas que distinguen as substancias.

Propiedades xerais

editar
  • Extensión: espazo físico ocupado pola materia.
  • Impenetrabilidade: concepto que indica que onde se atopa un corpo non pode estar outro.
  • Mobilidade: capacidade de ocupar sucesivamente diferentes posicións no espazo físico.
  • Compresibilidade: capacidade de diminución do volume baixo a acción de forzas.
  • Elasticidade: capacidade de volver a tomar a forma orixinal no momento de disipación de tódalas forzas que se lle apliquen.
  • Inercia: incapacidade de alteración por si mesmo do seu estado de repouso ou de movemento, o cal se avalía pola masa.
  • Ponderabilidade: avaliación dun corpo polo seu peso cando está suxeito a un campo gravitatorio.
  • Divisibilidade: capacidade de división en partículas menores que a orixinal.

Propiedades específicas

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar