Física de partículas

estudo dos compoñentes elementais da materia e as interaccións entre eles

A física de partículas ou física de altas enerxías é a parte da física que estuda os compoñentes elementais da materia e as interaccións entre eles.[1] As partículas elementais integran un amplo intervalo posible de masas.[2]

Visión xeral da física de partículas
Interaccións entre as partículas elementais descritas no Modelo estándar

Divisións e agrupacións editar

As partículas fundamentais subdivídense en bosons (partículas de spin enteiro coma por exemplo 0, 1, 2...) e fermións (partículas de spin semienteiro coma por exemplo 1/2 ou 3/2). As forzas fundamentais da natureza son transmitidas polos bosóns.

Considéranse catro tipos de forzas ou interaccións fundamentais:

  • Electromagnética: transmitida por fotóns afecta tódalas partículas con carga eléctrica.
  • Nuclear feble: transmitida polos bosóns vectoriais W± e Z0 é a responsable, por exemplo, da desintegración b.
  • Nuclear forte: transmitida polos gluóns é a que fai que os quarks se unan para formar mesóns e barións (nucleóns). Só afecta aos hadróns.
  • Gravitación: transmitida polo gravitón (partícula teórica, non descuberta aínda). Ao nivel de partículas fundamentais esta forza é de pouca importancia e difícil de incluír nas teorías.

Algunhas teorías fundamentais predín a existencia doutros bosóns máis pesados coma o bosón de Higgs (ás veces varios) que dotaría de masa ás partículas fundamentais.

Os compoñentes básicos da materia son fermións, incluíndo protón, neutrón, e electrón. Destes, só o electrón é realmente elemental. Os outros dous están compostos de partículas máis pequenas (quarks) unidos pola interacción forte. Os fermións elementais existen en catro variedades básicas, e cada unha delas clasifícase en tres xeracións con diversas masas:

Tipo de
fermión
Nome Símbolo Carga
electromagnética
Carga feble* Carga forte
(cor)
Masa
Leptón Electrón e- -1 -1/2 0 0,511 MeV/c²
Muón m- -1 -1/2 0 105,6 MeV/c²
Tauón t- -1 -1/2 0 1,784 GeV/c²
Neutrino electrón ne 0 +1/2 0 < 50 eV/c²
Neutrino muónico nm 0 +1/2 0 < 0,5 MeV/c²
Neutrino tauón nt 0 +1/2 0 < 70 MeV/c²
Quark
up (Arriba) u +2/3 +1/2 R/G/B ~5 MeV/c²
charm (encanto) c +2/3 +1/2 R/G/B ~1.5 GeV/c²
top (cume) t +2/3 +1/2 R/G/B >30 GeV/c²
down (abaixo) d -1/3 -1/2 R/G/B ~10 MeV/c²
strange (estraño) s -1/3 -1/2 R/G/B ~100 MeV/c²
bottom (fondo) b -1/3 -1/2 R/G/B ~4,7 GeV/c²
* - As partículas da táboa só teñen carga feble se son levoxiras ou, para as antipartículas, se son dextroxiras.

As partículas agrúpanse en xeracións. Existen tres xeracións. A primeira está composta polo electrón, o seu neutrino e os quarks up e down. A materia ordinaria está composta por partículas desta primeira xeración. As partículas doutras xeracións desintégranse en partículas das xeracións inferiores.

Os leptóns existen ceibes. Con todo, os quarks só existen en grupos sen cor debido a que os gluóns teñen unha carga de cor. Estes grupos están formados por dous (mesóns) ou tres (barións) quarks. O protón e o neutrón son algúns dos barións existentes. O pión é un dos mesóns máis importantes.

Liña temporal editar

A liña temporal da física de partículas lista a secuencia das teorías e descubrimentos en orde cronolóxica.

S. XIX editar

S. XX editar

S. XXI editar

Notas editar

  1. "Campos y Partículas" (en castelán). 2000. Arquivado dende o orixinal o 12-02-2008. Consultado o 14-09-2012. 
  2. Charley, Sarah. "How big can a fundamental particle be?". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2020-09-30. 
  3. "First results from Fermilab’s Muon g-2 experiment strengthen evidence of new physics". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2021-04-30. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Partículas fundamentais en Física (lista, táboa)
Fermións Bosóns de Gauge
Quarks Leptóns Bosóns W e Z Fotón Gluón
Arriba Encantado Cume Electrón Muón Tau (tauón) Bosóns hipotéticos
Abaixo Estraño Fondo e-neutrino μ-neutrino τ-neutrino Gravitón    Bosón de Higgs
Outras clases, partículas compostas e outras
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón
Termos relacionados
antimateria - partícula subatómica