Océano Ártico
O océano Ártico,[1] tamén coñecido como océano Glacial Ártico,[2] é a menor das cinco grandes divisións oceánicas do planeta Terra.
Tipo | océano mar interior | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | norte | |||
Parte de | Océano Atlántico Océano mundial | |||
Localización | ||||
País da cunca | Rusia, Noruega, Islandia, Groenlandia, Canadá e Estados Unidos de América | |||
División administrativa | mar a fóra | |||
| ||||
Composto por | ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | conca hidrográfica do océano Ártico | |||
Características | ||||
Profundidade | máximo: 5.550 m Media: 1.038 m | |||
Punto máis baixo | Molloy Deep (en) (−5.550 m ) | |||
Superficie | 14.056.000 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 18.750.000 km³ | |||
Está situado no hemisferio norte, na súa gran maioría na rexión polar ártica. A Organización Hidrográfica Internacional recoñece o Ártico como un océano, se ben é chamado por parte da oceanografía mar Ártico Mediterráneo ou simplemente mar Ártico, clasificándoo como un dos mares mediterráneos do océano Atlántico.[3] Por outro lado, o océano Ártico pode ser visto como o lobo norte do océano Mundial.
Case completamente envolvida por Eurasia e por América do Norte, o océano Ártico está parcialmente cuberto por xeo durante todo o ano: case por completo no inverno, se ben no comezo do século XXI a superficie cuberta por xeo é de só entre 1/3 e 1/2 a finais do verán. A temperatura e a salinidade do océano Ártico varían segundo esta cobertura de xeo se derrete e conxela;[4] a media de salinidade é a máis baixa en comparación cos cinco grandes océanos, debido á baixa evaporación, ao fluxo pesado de auga doce de ríos e correntes, e a conexión limitada con augas oceánicas de salinidade máis elevada. No verán o nivel do xeo diminúe nun 50 %.[5] O National Snow and Ice Data Center (NSIDC) usa datos de satélite para fornecer un rexistro diario da cobertura de xeo do Ártico e a taxa de fusión, en comparación cun período medio dos últimos anos.
Características
editarO océano Ártico ocupa unha bacía aproximadamente circular e cobre unha área de cerca de 14 056 000 km², case do tamaño da Federación Rusa,[6][7] cun litoral de 45 390 km.[6][8]
Está limitado polas masas terrestres da Eurasia, América do Norte, Groenlandia, e por varias illas.
Abrangue a baía de Baffin, os mares de Barents, de Beaufort, de Chukchi, de Siberia Oriental, o Groenlandia, a baía de Hudson, o estreito de Hudson, os mares de Kara, de Laptev, o mar Branco e outros corpos de auga tributarios.[5]
Está ligado ao océano Pacífico a través do estreito de Bering e ao océano Atlántico a través do mar de Groenlandia e do mar do Labrador.[5]
Os bordos do océano Glacial Ártico están repartidos entre diversos mares secundarios, separados por arquipélagos costeiros; de Escandinavia a Rusia e América do Norte sucédense o mar de Barents, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar de Siberia Oriental, o mar de Chukchi, o mar de Beaufort e o mar de Lincoln, ao norte da América. Limitado por soleira de pequena profundidade, o océano Ártico realiza pouquísimos intercambios con augas dos outros océanos.
A capa de xeo que cobre o océano ten unha superficie caótica por mor dos movementos que a animan, e ten un espesor de dous a catro metros. Vese afectada por unha deriva, desde a illa de Wrangel até o polo Norte e o arquipélago de Svalbard. Os límites da capa, variables segundo as estacións do ano, permiten en verán unha certa circulación marítima do mar de Barents ao cabo Tcheliuskin.
Historia
editarPrehistoria
editarSegundo estudos realizados por especialistas da Universidade de Oxford (Inglaterra) e o Instituto Real de Holanda para a Investigación Mariña o océano Ártico hai uns setenta millóns de anos gozaba de temperaturas similares ás que hoxe en día se viven no mar Mediterráneo, con temperaturas duns 20 °C hai vinte millóns de anos.
Chegaron a estas conclusións mediante o estudo de materiais orgánicos atopados en lodo de illotes de xeo do ártico. Aínda non se sabe porque se daban estas temperaturas naqueles tempo pero crese que puido ser o efecto invernadoiro derivado dunha forte concentración de dióxido de carbono na atmosfera.
Clima
editarO océano está situado na zona de clima polar, en que as temperaturas mínimas poden baixar de -50 °C, existindo frío permanente e pouca variabilidade zonal. Os invernos son caracterizados por escuridade continua por mor da noite polar, e por condicións estables co ceo limpo. En verán hai sol de medianoite, ceos nubrado e ciclóns con neve ou choiva, aínda que de baixa intensidade. Ten lugar o fenómeno da aurora boreal.
A temperatura da superficie do océano Ártico é practicamente constante, próxima do punto de conxelación da auga do mar, pouco superior aos 0 °C. No inverno o mar exerce unha influencia moderadora, aínda que estea cuberto por xeo, polo que no Ártico nunca se verifican os extremos de temperatura que teñen lugar na Antártida.
O océano ten unha boa parte de zona sólida, con numerosos icebergs.
Bioloxía
editarCheo de xeo e neve, só sobreviven algunhas algas, liques, briófitas e fungos. Entre os animais encóntranse o oso polar, focas, leóns mariños, raposo ártico, lebre ártica, krill e algúns peixes e baleas.
Desxeo
editarO desxeo do Ártico é principalmente causado polo efecto invernadoiro e o quecemento global, que provocan o desxeo rápido de vastas reservas de auga doce.[9]
En setembro de 2007 o ENVISAT, satélite da ESA, rexistrou o maior desxeo do océano Ártico,[10] abrindo á navegación a Paso do Noroeste.
Os cinco océanos | ||||
Atlántico |
Ártico |
Índico |
Pacífico |
Antártico |
Notas
editar- ↑ ártico no Dicionario da RAG.
- ↑ glacial 1 adx XEOG 1 Aplícase ás terras e mares das zonas polares. Dicionaro de galego. Vigo: Ir Indo Edicións, 2004, ISBN 84-7680-7.
- ↑ Tomczak, Matthias e J. Stuart, Godfrey (2003): Regional Oceanography: an Introduction Arquivado 30 de xuño de 2007 en Wayback Machine.. Delhi, Daya Publishing House (en inglés).
- ↑ Some Thoughts on the Freezing and Melting of Sea Ice and Their Effects on the Ocean K. Aagaard and R. A. Woodgate, Polar Science Center, Applied Physics Laboratory, University of Washington, January 2001. Retrieved 7 December 2006.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Michael Pidwirny (2006). "Introduction to the Oceans". www.physicalgeography.net. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2006. Consultado o 7 de decembro de 2006.
- ↑ 6,0 6,1 Wright, John W. (ed.); Editors and reporters of The New York Times (2006). The New York Times Almanac (2007 ed.). New York, New York: Penguin Books. p. 455. ISBN 0-14-303820-6.
- ↑ "Oceans of the World" (PDF). rst2.edu. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xullo de 2011. Consultado o 28 de outubro de 2010.
- ↑ "Arctic Ocean Fast Facts". wwf.pandora.org (World Wildlife Foundation). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2010. Consultado o 28 de outubro de 2010.
- ↑ Revista Veja (23 de setembro de 2009): "Um atalho no gelo" Arquivado 17 de decembro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ [1]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Océano Ártico |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Artigo no diario ABC La temporada de deshielo marino en el Ártico aumenta en cinco días cada década (en castelán)
- Artigo La guerra del Ártico: los países luchan por la región más rica del mundo (en castelán)
- Artigo no xornal El País Estudio asegura que el océano Ártico se oscurece y calienta la Tierra Arquivado 07 de abril de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)