Gas nobre

(Redirección desde «Gases nobres»)

Os gases nobres son elementos químicos situados no grupo VIII A da táboa periódica dos elementos. Concretamente os gases nobres son os seguintes:

O nome de gas nobre provén do feito de que non tenden a reaccionar como outros elementos. Debido a isto, tamén son denominados ás veces gases inertes, aínda que realmente si participan nalgunhas reaccións químicas. O xenon reacciona espontaneamente co flúor e a partir dos compostos resultantes alcanzáronse outros. Tamén se illaron algúns compostos con cripton.

Teñen oito electróns no seu último nivel de enerxía o que ás veces lles impide formar compostos facilmente; ás súas moléculas son moi estables. Todos teñen o seu último nivel de enerxía máis externo totalmente cheo (dous electróns no helio e oito nos demais).

Como curiosidade indicar que a discusión científica sobre a posibilidade de licuar estes gases deu lugar ao descubrimento da supercondutividade polo físico holandés Heike Kamerlingh Onnes.

Propiedades físicas

editar
Propiedad Gas nobre
Número do elemento 2 10 18 36 54 86
Nome do elemento Helio Neon Argon Cripton Xenon Radon
Densidade (kg/m³) 0,1785 0,9002 1,7818 3,708 5,851 9,970
Raio atómico (nm) 0,050 0,070 0,094 0,109 0,130
Punto de ebulición (°C) –268,83 –245,92 –185,81 –151,70 –106,60 –62
Punto de fusión (°C) –272 –248,52 –189,6 –157 –111,5 –71