Ammodytes tobianus
Aguacioso | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Ammodytes lancea Cuvier, 1829 |
O areeiro ou bolo pequeno[3] (Ammodytes tobianus) é unha especie de peixe actinopeterixio mariño, da familia dos ammodítidos.[4][5][6]
A súa pesca é habitual e moi comercial. Ademais de para alimentación humana é utilizado como carnada para a pesca de peixes maiores.[5]
Morfoloxía
editarDe corpo moi alongado e delgado co lombo tipicamente de cor marrón-area, cunha lonxitude máxima descrita de 20 cm.[5] Non teñen espiñas nas aletas, cuns 49 a 58 raios brandos na aleta dorsal e 24 a 32 na anal; con escamas na liña media anterior á aleta dorsal e sobre a musculatura na base da aleta caudal; as marxes das aletas dorsal e anal son rectas con raios de igual lonxitude; liña lateral de poros aliñados en ringleira ao longo de canles non ramificadas.
Existen dous grupos de desova distintivos pero a miúdo simpátricos na súa área de distribución, pero non se lles deu o status de subespecie, aínda que os grupos reprodutores difiren no número de vértebras (o de outono maior que o da primavera), coa estrutura dos otólitos e probablemente debido aos hábitats.[5]
Bioloxía
editarSon peixes territoriais, que alternan entre agocharse soterrados no substrato areoso e nadar en cardume na masa de auga.[7][5] Os adultos aliméntanse de zooplancto e algunhas diatomeas grandes. Hiberna no inverno enterrado na area a profundidades de 20 a 50 cm.[8]
Distribución e hábitat
editarDistribúese polas costas do océano Atlántico nordeste, desde Murmansk até España, incluíndo Islandia e o mar Báltico, así como polo mar Mediterráneo.[9][10] Son peixes mariños de augas tépedas de comportamento demersal, que prefiren profundidades entre 1 m e 96 m.[11] O seu hábitat son as augas costeiras, especialmente as baías areentas e as praias, así como tamén a zona intermareal e os estuarios. É raro atopalo en mar aberto.[5]
Notas
editar- ↑ Collette, B., Fernandes, P. e Heessen, H. "Ammodytes tobianus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Linnaeus, C., 1758. «Systema Naturae per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, Tomus I». Editio decima, reformata. Holmiæ: impensis direct. Laurentii Salvii. i–ii, 1–824 pp
- ↑ "Definicións da palabra bolo". academia.gal. Consultado o 2021-01-16.
- ↑ Crespo, J., J. Gajate e R. Ponce, 2001. «Clasificación científica e identificación de nombres vernáculos existentes en la base de datos de seguimiento informático de recursos naturales oceánicos». Instituto Español de Oceanografia, Madrid, España. 414 p.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Bauchot, M.-L., 1987. «Poissons osseux». p. 891-1421. En W. Fischer, M.L. Bauchot e M. Schneider (eds.) Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Roma.
- ↑ Nelson, J.S. (1994). Fishes of the world (en inglés) (3ª ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. pp. 600.
- ↑ Arias, A. e P. Drake, 1990. «Estados juveniles de la ictiofauna en las caños de las salinas de la bahía de Cádiz». Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía. CSIC.
- ↑ Muus, B.J. e J.G. Nielsen, 1999. «Sea fish». Scandinavian Fishing Year Book, Hedehusene, Dinamarca. 340 p.
- ↑ Reay, P.J., 1986. «Ammodytidae». p. 945-950. En P.J.P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen e E. Tortonese (eds.) Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean. UNESCO, París. Vol. 2.
- ↑ Riehl, R., 1978. «Zur Fischfauna von Ibiza, Balearen». Senckenbergiana biol. 59:173-182.
- ↑ Ocean Biogeographic Information System, 2006. OBIS-extracted Depth Data. Harvested by E.Agbayani July 2006 at www.iobis.org.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ammodytes tobianus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ammodytes tobianus |
- Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Ammodytes tobianus (TSN 171676)" (en inglés).
- AQUATAB.NET