Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
(Redirección desde «CEIDA»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) é un centro universitario, creado por un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e o Concello de Oleiros, para promover, coordinar e dinamizar a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. Está situado no castelo de Santa Cruz, na illa do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz (Oleiros). O seu director é o biólogo Carlos Vales Vázquez.
Obxectivos
editar- Favorecer, como centro de referencia, a colaboración entre os demais equipamentos para a educación ambiental (aulas da natureza, granxas escola, centro de visitantes, parques etnográficos e arqueolóxicos, etc.).
- Proporcionar, como centro de formación, os medios axeitados para a capacitación de técnicos en medio ambiente, do profesorado e doutros grupos sociais interesados pola educación ambiental.
- Mostrar, como centro de interpretación, a interacción dos diversos elementos que interactúan sobre a natureza para propiciar a utilización racional dos recursos cara a un uso sustentábel.
- Facilitar, a través do centro de documentación, a difusión de todo tipo de material formativo, educativo e divulgativo relacionado co Medio Ambiente e a Educación Ambiental.
- Fomentar, como centro de divulgación, o coñecemento dos valores e dos problemas ambientais actuais, co fin de sensibilizar e xerar unha conciencia crítica.
Áreas de traballo
editarO CEIDA conta con catro áreas principais de traballo:
- Educación e divulgación
- Formación e capacitación
- Cooperación
- Centro de documentación ambiental "Domingo Quiroga"
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do CEIDA (en galego), (en castelán).