Castelo de Santa Cruz

construción fortificada na illa de Santa Cruz, en Liáns, no concello de Oleiros

O castelo de Santa Cruz trátase dun castelo situado no Porto de Santa Cruz (Liáns, Oleiros), emprazado nunha illa e que serviu de efectiva defensa da ría da Coruña en contadas ocasións.

Castelo de Santa Cruz

Tipocastelo e monumento Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°21′N 8°21′O / 43.35, -8.35
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloOleiros
ParroquiaLiáns Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónIlla de Santa Cruz Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data17 de outubro de 1994
IdentificadorRI-51-0008861
Wikidata ]

Historia

editar

O corsario Francis Drake navegou preto da illa de Santa Cruz para evitar a artillería da Coruña e desembarcou na praia de Oza co obxectivo de saquear a cidade de A Coruña o 4 de maio de 1594. Como consecuencia decidiuse a construción do castelo, as obras de construción iniciaronse no ano 1594 ou 1595, sendo capitán xeneral de Galicia Diego das Mariñas, seguindo os planos do enxeñeiro militar Pedro Rodríguez Muñiz. Durante o século XVII, as defensas do castelo eran un conxunto de baterías construídas de xeito disperso pero moi decisivo xa que impediron que a frota franco-holandesa do arcebispo de Burdeos se achegase ao interior da ría en 1639.

En 1640 rematouse a construción da defensa e dotada de artillería, entre elas o canón "O Barraco", capaz de disparar a unha distancia de 10 km. Unha besta para o seu tempo. A pesar da súa importancia co paso do tempo a fortaleza foi caendo en avanzado estado de abandono. A mediados do século XVIII, cando Maximilian de la Croix foi Gobernador de Galicia, encargoulle a Antonio de Gaver a reforma do castelo. Entre 1752 e 1758 realizáronse propostas de reforma. A partir de 1784 completáronse as obras con pavillóns, baluartes e parapetos, coincidindo co mandato de Martín Cermeño como capitán xeneral. Os proxectos de Fernando de Gaver leváronse a cabo en 1792. En 1799 descríbese a batería inferior de catro canóns e mais unha batería superior na que un bastión 3+3 substitúe o de 3 canóns. Miguel de Hermosilla procurou planificar novas e necesarias actuacións para mellorar a actividade defensiva da fortaleza. Despois de perder o seu valor estratéxico e ficar abandonado, o castelo foi mercado por José Quiroga Pérez de Deza, marido de Emilia Pardo Bazán, para construír unha residencia estival. A súa filla, Blanca Quiroga, decidiu doarllo ao exército en 1939 para ser usado como casa de colonias estivais dos orfos de guerra. Ese foi o seu uso até 1978, en que o castelo volveu quedar desocupado.

En 1989, o concello de Oleiros adquiriu o castelo para dedicalo a fins de educación ambiental. En 2001 fundouse alí o CEIDA, froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Universidade da Coruña e o concello de Oleiros[1].

Galería de imaxes

editar
  1. Castelo de Santa Cruz Arquivado 02 de maio de 2014 en Wayback Machine., na páxina web do CEIDA

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar