Carlos Vales

biólogo español
(Redirección desde «Carlos Vales Vázquez»)

Carlos Vales Vázquez, nado en Caracas o 11 de novembro de 1955, é un biólogo galego especializado no medio ambiente.

Carlos Vales
Nome completoCarlos Vales Vázquez
Nacemento11 de novembro de 1955
Lugar de nacementoCaracas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónCatedrático de Bioloxía e Xeoloxía
LinguaGalego, castelán
ProfesiónBiólogo
OrganizaciónUDC, Concello de Oleiros
Cargosdirector do CEIDA
Na rede
Dialnet: 2122399
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é o director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), membro da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), de Greenpeace e da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA).

Anteriormente foi membro da Mesa Forestal de Galicia, asesor do Parlamento galego sobre o problema dos incendios forestais, concelleiro do Concello de Oleiros, e presidente da Comisión de Medio Ambiente da Mancomunidade de Municipios da Área Metropolitana da Coruña.

Publicacións editar

Artigos en libros colectivos editar

  • 1988 - Carlos Vales, Ramón Varela e M. A. Fernández Lores: Celulosas e progreso. Santiago de Compostela: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Depósito legal: C-889/88.
  • 2000 - VV.AA. 25 Anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza. Santiago de Compostela: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. ISBN 84-607-2632-0.

Artigos en revistas editar

  • 1982 - "Os vertebrados da Galiza e o ensino". (Con Xosé Manuel Penas Patiño). O Ensino: revista galega de Sócio-Pedagoxía e Sócio-Lingüística, nº 4, páxs. 19-30.
  • 1993 - "Salvatore Bongiorno: un ecólogo americano na Galiza". Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, nº 8, páxs. 10-11.
  • 1994 - "As concentracións parcelarias: unha arma de destrucción". Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, nº 11, páxs. 12-13.
  • 1994 - "Parque natural das fragas do Eume: virtudes e defectos do proxecto", Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, nº 12-13, páx. 16.
  • 1997 - "Bosques autóctonos". Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, nº 22, páxs. 6-9.
  • 1998 - "Por unha xestión ecolóxica do lixo", Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, nº extra 24-25, páx. 17. (Exemplar dedicado a reciclaxe, coord. por Manuel Soto).
  • 1999 - "As Eleicións municipais e o medio ambiente". Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, nº 27, páxs. 12-13.
  • 2000 - "A Rede Natura 2000". Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, nº 30, páxs. 14-16.
  • 2006 - "CEIDA: un Centro de referencia para a Educación Ambiental en Galicia". AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental, nº 1-2, páxs. 265-279. (Exemplar dedicado a: Un ollar estratéxico á educación ambiental).
  • 2007 - "Programas formativos no CEIDA baseados na participación dos axentes implicados". (Con Araceli Serantes-Pazos). AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental, nº 3, páxs. 57-67. (Exemplar dedicado a: Cuestións de fondo na educación ambiental).
  • 2007 - "Desafíos educativos da conservación da biodiversidade". AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental, nº 4, páxs. 11-19. (Exemplar dedicado a: Instrumentos sociais e conservación de especies). Ler resumo.
  • 2007 - "Instrumentos sociais e conservación de especies". (Con Javier Benayas del Álamo, Susana Calvo Rey, Fernando Ramos e Yolanda Sampedro Ortega). AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental, nº 4, páxs. 7-10. (Exemplar dedicado a: Instrumentos sociais e conservación de especies). Ler resumo.
  • 2008 - "Unha nova cultura forestal para a sociedade galega: o proxecto de Parque Forestal de Liáns". AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental, nº 6, páxs. 67-94. (Exemplar dedicado a: Usos socioeducativos dos parques periurbanos, xardíns botánicos e outras áreas forestais). Ler resumo.
  • 2009 - "A Educación Ambiental fronte ao Cambio Climático no Centro de Referencia de Galicia, CEIDA". (Con Verónica Campos e Araceli Serantes-Pazos). AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental, nº 7, páxs. 159-175. (Exemplar dedicado a: Estratexias de comunicación e educación ambiental fronte ao cambio climático). Ler resumo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar