Especie introducida
En bioxeografía, unha especie introducida, especie foránea, especie alóctona ou especie exótica é unha especie non nativa do lugar ou da área na que se considera introducida. Exemplares de diferentes especies foron transportados polos seres humanos, xa sexa accidental ou deliberadamente, a unha nova localización onde a especie pode ou non chegar a estabelecerse.[1][2] As especies introducidas poden danar ou non o ecosistema no que se introducen, alterando ou non o nicho ecolóxico doutras especies. Se unha especie resulta daniña, producindo cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturales, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas) entón é denominada especie invasora. Por mor dos seus impactos nos ecosistemas onde foron introducidas, algunhas destas especies son consideradas enxeñeiros de ecosistemas.
Especies introducidas en illas
editarA mellor forma de estudar os problemas de especies introducidas que se converten en invasoras é nas illas. Debido a estar illadas das biotas continentais, as comunidades biolóxicas e ecosistemas das illas poden ser sumamente sensibles a alteracións causadas por introducións doutras especies. A miúdo non existen predadores naturais da nova especie e as especies introducidas pódense propagar facilmente ocupando os nichos ecolóxicos dispoñibles.
Notas
editar- ↑ U.S. Environmental Protection Agency. Mid-Atlantic Integrated Assessment. 16 de setembro de 2003. Introduced species. Web site at US EPA
- ↑ Ecured. Especies introducidas