Illas Lobeiras
Coordenadas: 42°52′50″N 9°11′08″O / 42.880587, -9.185458
As illas Lobeiras son un pequeno arquipélago galego pertencente á provincia da Coruña, en fronte da costa de Carnota, en plena ría de Corcubión. Está formado por dous grupos de illas separadas entre elas por un quilómetro e medio.
Illas Lobeiras | |
---|---|
Illas Lobeiras | |
Localización das illas Lobeiras | |
Situación | |
País | Galicia |
Provincia | A Coruña |
Mar | Océano Atlántico (Ría de Corcubión) |
Coordenadas | Grande: 42°52′48.83″N 9°11′7.01″O / 42.8802306, -9.1852806 Chica: 42°51′54.25″N 9°10′8.94″O / 42.8650694, -9.1691500 |
Xeografía | |
Superficie | 0,7 km² |
Demografía | |
Poboación | Deshabitadas |
Xeografía
editarO grupo coas maiores illas é o chamado Lobeira Grande, o outro é Lobeira Chica. A maior das illas do grupo da Lobeira Grande (3 hectáreas de superficie) estivo habitada por fareiros; aínda hoxe consérvase o faro, pero automatizado. O total do arquipélago non excede as 7 hectáreas de superficie.
Etimoloxía
editarA orixe do nome destas illas non está moi claro. Por unha banda crese que en épocas anteriores estivesen habitadas por lobos mariños. Mentres que por outra banda, os mariñeiros consideraban estas illas un perigo para a navegación, esperaban agachadas como un lobo a que un barco chocase contra elas.
Faro
editar- Artigo principal: Faro das illas Lobeiras.
A chamada Lobeira Grande, na cal se conserva o faro automatizado, estivo habitada por fareiros. O primeiro faro data do 1906, sendo un faro de 4ª orde. O edificio incluía a vivenda do fareiro, un almacén de alimentos e mercancías e unha oficina para o enxeñeiro do faro. Todo este grupo de illas foi escenario dunha morea de naufraxios, e sufriron tamén a principios de 1900 un forte temporal que deixou illada a familia de quen manexaba o faro, entón activo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Lobeiras |