Río de Baredo

río en Baredo, Baiona

O río de Baredo[1], tamén chamado nalgúns tramos regato das Tres Regueiras[2] ou río da Fraga[3], é un curso de auga que se atopa na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona.

Río de Baredo
Desembocadura en Porrido do río de Baredo.
NacementoSerra da Groba
DesembocaduraOcéano Atlántico

Xeografía editar

Está composto por dous regueiros: un nace no lugar chamado As Tres Regueiras e discorre polos núcleos do Agro, do Río, do Outeiro, da Torre, da Pedra e de Cancelo; e o outro discorre polos lugares dos Portelos, da Cachada e de Cancelo. Ambos atópanse no lugar chamado O Río de Amaro, entre Cancelo e A Ponte.[4] Desemboca no lugar de Porrido.[5]

Fauna e flora editar

 
Muíño na senda fluvial.

Ás súas beiras foi medrando a parroquia de Baredo, grazas, en boa parte, á súa fertilidade. Dentro da fauna destacan aves como avelaionas, mouchos de orellas, lavandeiras brancas, rabirrubios, gaivotas ou corvos mariños, anfibios como a ra verde, píntegas comúns ou píntegas rabilongas. Tamén hai pequenos roedores, como ratos, toupas e ourizos cacho, e algún que outro aguanón. Entre a flora hai xestas, toxos, fentos e a especie invasora lirio de auga, tamén chamada cala, amais do eucalipto.[6]

Senda fluvial dos Muíños de Baredo editar

A súa auga foi empregada como forza motriz en varios muíños. Logo de pasaren por un proceso de desuso, foron restaurados tres (Acugulado de Arriba, Acugulado do Medio e Acugulado de Abaixo) e fíxoselle unha senda ás beiras do río no seu tramo final.[6] Outros muíños quedaron sen restaurar (O Barreiro, Da Maquía, O Pinicho, O de Estrella, A Foupa e A Torre).

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Río de Baredo - 38274000059086". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-24. 
  2. "As Tres Regueiras - 38274000197941". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-24. 
  3. "A Fraga - 38274000197964". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-24. 
  4. "O Río da Mar ou de Amaro - 38274000198427". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-24. 
  5. "Porrido - 38274000059084". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-24. 
  6. 6,0 6,1 "Molinos de Baredo | GALICIA MAXICA" (en castelán). 2016-03-03. Consultado o 2016-08-31.