Rata de auga setentrional
A rata de auga setentrional[2] (Arvicola scherman) é unha especie de roedor da familia Cricetidae.
Rata de auga setentrional | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Arvicola scherman | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Antes considerábase pertencente á especie Arvicola terrestris, pero presentaba dúas formas ecolóxicas: a cavadora, que habita nos macizos montañosos do suroeste e centro de Europa, e a semiacuática, que ocupa o resto da súa área de distribución. Recentemente propúxose unha nova configuración taxonómica na que os representantes semiacuaticos serían unha subespecie de Arvicola amphibius, e os morfotipos cavadores, que ocupan certos macizos montañosos europeos, pertencerían a Arvicola scherman. Segundo esta clasificación, as poboacións ibéricas corresponderían a esta última especie.
Descrición
editarÉ unha especie de gran variabilidade morfolóxica ao longo da súa área de distribución. Na Península Ibérica está representada por morfotipos de pequeno tamaño, con dimensións corporais sensiblemente menores que a rata de auga común (Arvicola sapidus), e co rabo máis curto. Especie sen dimorfismo sexual, a coloración do pelame de A. scherman é diferente incluso a escala intrapoboacional, variando desde o pardo escuro ou pardo amarelado ata o gris; os flancos desde o pardo amarelado ou ocre ata o gris claro; na zona ventral predominan os tons agrisados e o rabo é xeralmente bicolor.
Distribución
editarDesde o norte da Península Ibérica ata Ucraína, faltando no oeste e extremo suroriental de Francia; o seu límite setentrional está localizado ao norte de Alemaña e o meridional nos Alpes e nos Balcáns. Na Península distribúese nunha banda setentrional que iría desde o Pireneo leridano (Val de Arán) ata a serra dos Ancares, Serra Segundeira (Zamora) e Montezinho (Portugal). Existe un illamento xeográfico entre as poboacións dos Pireneos, a cordilleira Cantábrica e o extremo nororiental de Guipúscoa.
Hábitat
editarEspecie herbívora, ocupa principalmente prados naturais situados en niveis altitudinais variables, desde o nivel do mar ata prados alpinos próximos aos 2.000 metros de altura. En terreos cultivados e prados de forraxe esta especie pode chegar a constiuír unha praga agrícola.
Nalgunhas zonas da súa área de distribución, pode constituír un reservorio de tularemia e ser hóspede intermediario de varias especies de parasitos.
Depredación
editarÉ presa habitual das aves rapaces, como o bufo pequeno, (Asio otus) e a curuxa (Tyto alba) e de carnívoros de tamaño medio.
Notas
editar- ↑ Amori, G., Hutterer, R., Krystufek, B., Yigit, N., Mitsani, G. & Muñoz, L. J. P. 2008. Arvicola scherman. In: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.1. - IUCN Red List <www.iucnredlist.org> (LC). Consultado o 10 de septembro de 2009.
- ↑ Guía de mamíferos de Galicia, Juan Ignacio d'a Silva, Yosy Cartelle, 2007, Baía Edicións. Ficha de Arvicola terrestris, páxina 160.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Arvicola scherman |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arvicola scherman |
Bibliografía
editar- Musser, G. G. e M. D. Carleton. 2005. Superfamily Muroidea. pp. 894–1531 in Mammal Species of the World a Taxonomic and Geographic Reference. D. E. Wilson e D. M. Reeder eds. Johns Hopkins University Press, Baltimore.
Ligazóns externas
editar- Rastros de rata de auga setentrional (como Arvicola terrestris); no apartado de rastros de mamíferosdo sitio BarbastellaArquivado 15 de maio de 2014 en Wayback Machine.. (en castelán)
- Arvicola terrestris no Atlas de mamíferos terrestres do Ministerio para a Transición Ecolóxica.(en castelán)