Rata de auga común

(Redirección desde «Arvicola sapidus»)

A rata de auga común (Arvicola sapidus) é unha especie de roedor da familia Cricetidae. Tamén se lle chama luria,[2] leirón ou lirio[3] (os dous últimos nomes tamén designan o Elyomis quercinus, que é doutra familia e co que non se debe confundir). É un gran cricétido anfibio de gran parte de Francia, España e Portugal, incluíndo Galicia. Aínda que historicamente era considerado un membro da mesma especie que Arvicola amphibius, Musser e Carleton (2005) consideran que son distintos.[4] Está listado na Lista Vermella da IUCN como vulnerable debido a moitas das mesmas razóns que para a rata de auga setentrional.[1]

Rata de auga común
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Cricetidae
Subfamilia: Arvicolinae
Xénero: Arvicola
Especie: A. sapidus
Miller, 1908
Mapa de distribución de Arvicola sapidus.
Mapa de distribución de Arvicola sapidus.

Mapa de distribución de Arvicola sapidus.
Sinonimia
  • Arvicola musiniani, Lataste, 1884
  • Arvicola tenebricus, Miller, 1908

Características

editar

Pesa entre 150 e 280 gramos e ten as orellas pequenas. O seu corpo mide entre 16 e 23 cm, a cola mide 12 cm por termo medio. A pelame é castaña escura sobre o dorso, e gris no ventre.

Alimentación

editar

É sobre todo herbívoro (fitófago) mais tamén pode comer algún animal acuático (insectos, crías de peixes, anfibios...).

Reprodución

editar

As femias poden parir ata cinco veces ao ano, aínda que o normal son dúas. A xestación dura 21 ou 22 días e adoitan ter de 2 a 7 crías por parto. A madurez sexual alcánzase nun pouco mís dun mes. A lonxevidade desta especie é de dous anos.

Distribución

editar

Esta especie está presente en Francia, España e Portugal. Trala ameaza da súa desaparición a curto prazo, empendéronse algúns esforzos para salvala, que foron desde campañas de información e sensibilización da xente a cambios nas obras públicas que afectan o seu hábitat e a conservación do seu hábitat.

No delta do Ebro antigamente eran cazadas pola súa carne. Ao ser un roedor que se alimenta de cereais considerábase bo para comer.

  1. 1,0 1,1 Rigaux, P., Vaslin, M., Noblet, J.F., Amori, G. & Palomo, L.J. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para luria.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lirio.
  4. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Musser, G. G. and M. D. Carleton. 2005. Superfamily Muroidea. pp. 894–1531 in Mammal Species of the World a Taxonomic and Geographic Reference. D. E. Wilson and D. M. Reeder eds. Johns Hopkins University Press, Baltimore.

Ligazóns externas

editar