Arvicola

xénero de mamíferos

Arvicola é un xénero de mamíferos placentarios da orde dos roedores, suborde dos miomorfos, superfamilia dos muroideos e familia dos cricétidos, que é o tipo da subfamilia dos arvicolinos.

Arvicola sapidus

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1799 polo zoólogo francés Bernard-Germain de Lacépède,[1][3][4] na súa obra Tableau des divisions, sous-divisions, ordres et genres des mammifères.[1]

Etimoloxía editar

Arvicola é un substantivo do latín científico fomado polos elementos arvi-, do latín vulgar (do latín clásico arvum, "campo cultivado", neutro de arvus, "arábel"), e -cola, do latín -col- (de colere, "cultivar") + -a.[5]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero foi coñecido polos sinónimos:[1]

  • Alviceola de Blainville, 1817
  • Hemiotomys de Sélys Longchamps, 1836
  • Ochetomys Fitzinger, 1867
  • Paludicola Blasius, 1857
  • Praticola Fatio, 1867

Especies editar

Para os máis dos autores o xénero conta coas seguintes tres especies:[1][3][6][7]

Especie fósil editar

Ademais, recentemente describiuse unha especie fósil, Arvicola jacobaeus,[8][9]

Este descubrimento foi o resultado do achado dun total de 121 pezas dentarias fosilizadas do sitio paleontolóxico plistocénico de Atapuerca, e o seu nome epecífico provén do treito do Camiño de Santiago que atravesa a serra de Atapuerca e, así mesmo, en honor ao símbolo por excelencia dos peregrinos: unha das especies de vieiras,[10] Pecten jacobaeus (Linnaeus, 1758).[11]

Notas taxonómicas editar

Algúns autores cosideran tamén a Arvicola illyricus, Arvicola italicus, Arvicola musignani e Arvicola terrestris como especies do xénero.[1]

Así mesmo, algúns consideran que Arvicola amphibius e Arvicola sapidus son a mesma especie, pero hoxe, en xeral, considéranse especies distintas.[1][3][12]

Por outra parte, unha especie semellante ás do xénero, que vive no oeste de América do Norte, foi considerado en tempos pasados como un membro de Arvicola, pero demostrouse que está máis relacionado coas especies do xénero Microtus.[13][14]

Características editar

A lonxitude da cabeza e o tronco oscila entre os 12 os 22 cm, e a lonxitude da cola varía dos 6,5 aos 12,5 cm; a súa masa corporal vai desde os 70 aos 250 g, segundo as especies.

A súa pel é grosa, e está cuberta por unha pelaxe mesta; presentan franxas peludas nos pés, que facilitan a súa capacidade para nadar.

Hábitat e distribución editar

As especies de Arvicola encóntranse tanto en hábitats acuáticos como en secos, en toda Europa e en boa parte do norte de Asia.[14]

En Galicia editar

En Galicia encóntranse dúas das tres especies do xénero, Arvicola terrestris, restrixida á serra dos Ancares,[15][16] e A. sapidus, presente en toda a comunidade.[17][18]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. 2005.
  2. Mus amphibius Linnaeus, 1758 no GBIF.
  3. 3,0 3,1 3,2 Arvicola Lacépède, 1799 no ITIS.
  4. Arvicola Lacépède 1799 en Fossilworks.
  5. Arvicola no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
  6. Arvicola na Lista vermella da UICN.
  7. Arvicola na ADW.
  8. Cuenca-Bescós, Gloria et al. 2010.
  9. Arvicola jacobaeus: Origen y evolución de la rata de agua en Europa en aragosaurus.blogspot.com. Universidade de Zaragoza (en castelán).
  10. ¡¡¡Ratas!!! Pero de agua, en Ojo de Darwin.
  11. Pecten jacobaeus (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
  12. Batsaikhan, N.; Henttonen, H.; Meinig, H.; Shenbrot, G.; Bukhnikashvili, A.; Hutterer, R.; Kryštufek, B.; Yigit, N.; Mitsain, G. & Palomo, L. (2016): Arvicola amphibius na Lista vermella da UICN. Versión 2019.3. Consultada o 22 de decembro de 2019.
  13. Conroy, C. J. & J. A. Cook. (2000): "Molecular systematics of a Holarctic rodent (Microtus: Muridae)". Journal of Mammalogy 81: 344-359.
  14. 14,0 14,1 Musser, G. G. & M. D. Carleton (2005): "Superfamily Muroidea". pp. 894–1531 en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World.
  15. Díaz d'a Silva & Cartelle 2007, p. 160.
  16. VV.AA. 1995, pp. 259-260.
  17. Díaz d'a Silva & Cartelle 2007, p. 161.
  18. VV.AA. 1995, pp. 261-262.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar