Serra de Atapuerca

A Serra de Atapuerca é un pequeno conxunto montañoso da provincia de Burgos, en Castela e León, situado entre a Cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico, e que recibe o seu nome da pequena localidade e concello de Atapuerca. Cunha anchura de 5.000 metros e unha lonxitude de 1.300 metros, o seu punto de maior altitude está a 1.085 metros sobre o nivel do mar.

Modelo:Xeografía físicaSerra de Atapuerca
(es) Sierra de Atapuerca Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiposerra Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaSistema Ibérico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaprovincia de Burgos, España, Ibeas de Juarros, España e Atapuerca, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°21′09″N 3°31′06″O / 42.3525, -3.518333
Historia
Período de tempoNeolítico e Idade de Bronce Editar o valor en Wikidata

Páxina webatapuerca.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5362470

A Serra de Atapuerca foi declarada Espazo de Interese Natural, Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade por mor dos sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos que acolle no seu interior, nos que se atoparon os restos fósiles de catro especies de homínidos e dunha nova especie de oso das cavernas, así como múltiples ferramentas de pedra das culturas olduvaiense, acheulense e musteriano, correspondentes cos períodos do paleolítico inferior e paleolítico medio.

En 2004 descubríronse diversos instrumentos líticos datados no Plistoceno Superior, que constituíron a primeira proba da presenza dos Neandertais en España [1]. Nunha serie de escavacións aínda en curso, descubríronse ricos depósitos fósiles e ferramentas de pedra que se atribúen aos primeiros residentes hominina coñecidos en Europa Occidental.[2] Esta reserva excepcional de datos depositáronse durante a extensa presenza no paleolítico inferior, xa que as montañas Atapuerca serviron como a residencia preferida do Homo erectus, Homo antecessor (ou Homo erectus antecessor), Homo heidelbergensis e Homo neanderthalensis[3]. O exemplar máis antigo desenterrado e datado ata o momento con confianza confirma unha idade entre 1´2 millóns e 630.000 anos. Algúns achados expóñense no próximo Museo da Evolución Humana, en Burgos. O sitio foi designado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, baixo o nome de "Sitio Arqueolóxico de Atapuerca".[4][5]

  1. Calendario 2014 MUNCYT.
  2. "Homo heidelbergensis: Evolutionary Tree information". Smithsonian National Museum of Natural History. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  3. https://www.nature.com/news/oldest-ancient-human-dna-details-dawn-of-neanderthals-1.19557
  4. "Archaeological Site of Atapuerca - UNESCO World Heritage Centre". Whc.unesco.org. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  5. "Landforms And Geomorphological Processes In The Duero Basin. Pleistocene Geoarcheology Of Ambrona And Atapuerca Sites" (PDF). Geomorfologia.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar