Homo antecessor
Homo antecessor Rango fósil: Plistoceno | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reconstrución en Burgos | |||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
† Homo antecessor Bermúdez de Castro et al., 1997 |
Homo antecessor é unha especie humana, ou subespecie, que data de hai 1.2 millóns de anos a 800 mil anos. Foi descuberta por Eudald Carbonell, Juan Luis Arsuaga e J. M. Bermúdez de Castro. H. antecessor é unha das especies humanas que máis pronto colonizaron Europa.
Estivo en debate por arqueólogos e antropólogos cal é a relación de H. antecessor con outras especies de Homo de Europa e estímase que é un paso evolutivo entre o Homo ergaster e Homo heidelbergensis, inda que hai propostas de que unha especie que diverxeu de H. ergaster[1]. Outros suxiren que H. antecessor é a mesma especie que H. heidelbergensis, que tiña habitado Europa desde hai 600 mil a 250 mil anos atrás, no Plistoceno.
O fósil que está mellor conservado é unha maxila que pertence a un individuo desde 10 anos de idade e que se levantou dun sitio arqueolóxico de España. As medidas paleomagnéticas estiman que é un resto máis vello ca 780–857 miles de anos[2]. A media do volume cerebral é de 1,000 cm3. No 1994 e 1995 levantáronse sitios arqueolóxicos en Atapuerca e recolléronse 80 fósiles. Obtivéronse multitude de exemplos de cortes en fresco de ósos e que indicaría que H. antecessor practicaba o canibalismo[3]
Os sitios arqueolóxicos de H. antecessor que se atoparon foron en España na Gran Dolina e na Sima del Elefante en Atapuerca, en Suffolk e Norfolk en Inglaterra e en Lézignan-la-Cèbe en Francia.
Notas
editar- ↑ Klein, Richard. 2009. "Hominin Disperals in the Old World" en The Human Past, ed. Chris Scarre, 2º ed., p. 108. (en inglés)
- ↑ Falguères, Christophe; J. Bahain; Y. Yokoyama, J. Arsuaga, J. Bermudez de Castro, E. Carbonell, J. Bischoff and J. Dolo (1999) "Earliest humans in Europe: the age of TD6 Gran Dolina, Atapuerca, Spain"; Journal of Human Evolution 37 (3-4): 343-352 (351) (en inglés).
- ↑ Fernández-Jalvo, Y.; Díez, J. C.; Cáceres, I. and Rosell, J. "Human cannibalism in the Early Pleistocene of Europe (Gran Dolina, Sierra de Atapuerca, Burgos, Spain)", Journal of Human Evolution. Vol 37. páx 591-622. 1999.(en inglés)