Rabirrubio tizón
Rabirrubio tizón | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho da subespecie Phoenicurus ochruros gibraltariensis no niño, Alemaña
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Phoenicurus ochruros' (S. G. Gmelin, 1774) | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
5–7, véxase texto |
O rabirrubio tizón,[2][3] ou simplemente rabirrubio,[4], chasco, curroxo, ferreiro, negreira, paxaro carbón, paxaro negro, rabirrubia ou tizón (Phoenicurus ochruros)[5] é un paxaro pequeno que era antigamente clasificado na mesma familia cós merlos (Turdidae), pero que agora adoita asignarse á familia Muscicapidae.
Descrición
editarMide uns 13-14,5 cm de lonxitude e pesa entre 14 e 20 gramos. Na primavera o macho ten a plumaxe gris-negra na cabeza, o lombo e a barriga, unha mancha branca nas ás e unha cola rechamante de cor vermella alaranxada. As femias e os exemplares inmaturos son de cor castaña agrisada coa cola castaña mate. Teñen o peteiro apuntado e negro. As patas son tamén negras.
Distribución xeográfica e hábitat
editarAparece en toda Europa por debaixo do círculo polar ártico e en Asia agás no Xapón e o sueste do continente. En outono os exemplares do norte de Europa emigran á conca mediterránea. Os individuos da Europa occidental son sedentarios. As aves nórdicas que emigran no inverno cara ó sur, espállanse por África occidental e do norte e polo Oriente medio. Son das primeiras aves en regresar da emigración invernal e xa a finais de febreiro ou primeiros de marzo aparecen na súa área de cría. Eran en orixe habitantes de zonas de montaña ata os 3000 m. de áltitude, pero fóronse adaptando a outros hábitats. Dende hai uns dous séculos comezaron a aparecer en aldeas, vilas e grandes cidades.
Reprodución
editarAs femias fan os niños en fendas nas pedras ou lugares semellantes, como fornelas nas paredes das casas. Son construcións relativamente desordenadas, nas que poñen entre catro e seis ovos con coloracións que varían entre o branco e o azul claro. O período de incubación e de entre 12 a 16 días e os polos son alimentados polos pais entre 12 e 19 días máis despois de romperen a casca. Frecuentemente fan dúas postas cada ano, algunhas femias mesmo tres.
-
Niño de curroxo nun burato dunha parede (A Lanzada, Sanxenxo)
Sistemática
editarO rabirrubio tizón pertence a un clado que inclúe as especies eurasiáticas Phoenicurus auroreus, P. hodgson e P. erythrogastrus e se cadra tamén P. alaschanicus. Os devanceiros destas especies separáronse no Plistoceno tardío e espalláronse pola parte meirande de Eurasia dende inicios do Mioceno). Non é parente tan próximo do rabirrubio de testa branca, pero pode producir híbridos fértiles con esta especie (Grosch 2004).
Hai varias subespecies que se diferencian principalmente pola coloración da parte superior do corpo dos machos adultos. Estas razas poden separarse, de acordo co seu aspecto e co ADN en tres grupos (Snow et al. 1988, Ertan 2006).
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Phoenicurus ochruros". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Dicionario Digalego rabirrubio
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Diccionario de sinónimos da lingua galega, María Camino Noia, Pedro Benavente Jareño, Editorial Galaxia, 1997.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8
Ligazóns externas
editar- [https://web.archive.org/web/20080715035507/http://www.iucnredlist.org/search/details.php/51785/all Arquivado 15 de xullo de 2008 en Wayback Machine. O rabirrubio tizón na "Lista vermella de especies ameazadas da IUCN]