ISO 14001
ISO 14001 (EN ISO 14001:2015 Sistemas de xestión ambiental) é unha norma internacional de ISO para a xestión ambiental.
Norma de certificación
editarAntes do inicio da certificación a organización debe someterse a unha auditoría ambiental. Nesa primeira avaliación deben identificarse e caracterizarse adecuadamente os contaminantes e a situación da organización fronte ás normas. Deben ser definidos os parámetros ambientais de cumprimento obrigatorio segundo establezan as normas obrigatorias europeas, nacionais, autonómicas, provinciais, sectoriais ou municipais. En Galiza son os concellos os que fixan estes mínimos en canto a recollida selectiva e reciclaxe. Esta primeira avaliación serve para desenvolver as primeiras medidas correctivas e preventivas para obter a cualificación e o bo funcionamento do plan de xestión ambiental.
Para acadar unha xestión ambiental certificada, as organizacións teñen que:
1- Definir unha política ambiental propia.
2- Desenvolver unha cultura de preparación e actuación ambiental activa.
3- Identificar os aspectos ambientais relacionados cos seus procesos produtivos e organizativos e identificar os seus impactos significativos.
4- Establecer obxectivos para a introdución de melloras na súa xestión ambiental. Definir funcións e responsabilidades e efectuar as accións correctivas e preventivas necesarias.
5- Facer controis obxectivos do progreso ou deficiencias na xestión ambiental (avaliar o sistema con auditorías internas).
6- Crear sistemas eficaces de documentación ambiental, definir os rexistros necesarios e os procedementos para o seu mantemento.
7- Cumprir con leis, normativas e regulacións ambientais.
8- Desenvolver un plan de comunicacións para o persoal e dirección, de xeito que todos estean informados dos avances na xestión medioambiental.
9- Establecer un procedemento de auditoría e certificación do sistema de xestión ambiental por auditores independentes e guías para a avaliación de produtos e etiquetado.
Versións
editarAs orixes da normativa ambiental ISO están na normativa británica BS 7750 do ano 1990. ISO empezou a traballar nunha norma propia, ISO 14001 que foi publicada en 1996.[1]
- ISO 14001:1996, primeira versión da norma.
- ISO 14001:2004, adaptada a ISO 9001.
- ISO 14001:2015, en setembro de 2018 deixan de ser válidos os certificados anteriores.
Véxase tamén
editarNotas
editar- ↑ "El origen de la norma ISO 14001". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 04 de xaneiro de 2018.