Alberto Durán Núñez

político español

Alberto Durán Núñez, nado en Vigo o 17 de abril de 1940 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 2008, foi un político e empresario naval galego.

Alberto Durán Núñez
Nacemento17 de abril de 1940
 Vigo
Falecemento21 de novembro de 2008
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]
Placa na estación marítima do peirao de cruceiros "Alberto Durán Nuñez", no Porto de Vigo.

TraxectoriaEditar

Descendente dunha antiga familia consignataria de buques, perito mercantil, foi deputado polo Partido Popular no Congreso dos Deputados (1982-1996). Foi concelleiro do Concello de Vigo, primeiramente de portos e lonxas e despois de turismo. Tamén foi deputado no Parlamento de Galicia na quinta lexislatura (1997-2001). Trala súa xestión no caso do Polycommander, foi nomeado cónsul xeral de Noruega e Suecia en Galicia. Foi socio da Cámara de Comercio Hispano-Sueca, vicepresidente da Asociación de Empresas Consignatarias e Estibadoras de Buques da Provincia de Pontevedra, e membro do Consello Asesor de TVE-Galicia.

Casou en 1967 con Mª Carmen Hernández Eraso, coa que tivo dous fillos, Alberto e Elena Durán Hernández.

O día 21 de novembro de 2008 faleceu nun hospital de Vigo despois dunha longa enfermidade.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar