O Polycommander foi un petroleiro de bandeira norueguesa, contruído en 1965, que o 5 de maio de 1970 encallou á altura das Cíes, debido a un erro do capitán cando abandonaba a ría de Vigo [1], provocando a maior catástrofe ecolóxica desta ría.

Características do barco

editar

O Polycomander foi construído nos estaleiros suecos de Eriksbergs Mekaniska Verksted, en Gotemburgo, no ano 1965, por encargo do armador Einar Rasmussen. A súa eslora era de 230 metros por 29,5 de manga e un calado de 12. Tiña un motor principal de 15.000 cabalos de potencia e un peso morto de 50.380 toneladas. Transportaba 49.414 toneladas de petróleo cru da variedade Light Arabian.

O accidente

editar

O petroleiro transportaba petróleo cru desde Sidón (no Líbano) a Donges (Francia), cando se viu obrigado a desviarse a Vigo pola necesidade de desembarcar a Karin Alstad.[2] Durante a madrugada do 5 de maio e a causa dun erro do capitán A. Strom Olsen, que se achegou demasiado á illa de Monteagudo, nas Cíes, encallou sobre os arrecifes existentes entre a Punta Muxieiro e a praia de Figueiras. Segundo parece, o barco tiña que ter virado a estribor na saída da ría para enfilar o canal norte, entre as Cíes e Cabo do Home pero non o fixo -ou non virou a tempo, e rematou batendo na illa. Responsabilizouse tamén ó práctico do porto de Vigo, Joaquín Miller, que dirixía a saída do buque, por non instruír adecuadamente ó capitán (quizais por simples dificultades de comunicación, ou non dominar o inglés), pero non foi condenado no xuízo [3]. No xuízo, celebrado en Ferrol en febreiro de 1971, unicamente resultaron condenados o capitán e o primeiro oficial, a 3 meses e 1 mes respectivamente, así como o pago de 21 millóns de pesetas polos danos ocasionados pol vertedura.[4]

Eran las 04,20 horas de la madrugada del 5 de mayo de 1970 cuando sucedió el percance, entrara el barco de arribada al puerto de Vigo, para desembarcar a una camarera enferma, cuando encalló e inmediatamente comenzó a perder crudo por una enorme abertura en su costado... La llamarada en tromba, la humareda del carburante, el crudo derramado sobre el mar constituyeron el dramático espectáculo que podía ser observado desde cualquier punto de la ría de Vigo...

O choque cos fondos causou unha fenda no casco polo seu costado de babor, o que provocou a vertedura da carga. O petróleo incendiouse a causa das chispas que botaba o tubo de escape dun pesqueiro que faenaba nas inmediacións. Durante as 30 horas seguintes, o incendio esténdese por todo o barco, á vez que se producen varias explosións.

Os 39 tripulantes, entre eles cinco mulleres e dous meniños, foron rescatados con vida, pero catro mariñeiros que participaron nos labores de extinción do incendio sufriron graves queimaduras.

Os restos do Polycommander foron desencallados o 26 de xullo. Foron adquiridos por un armador grego, Nisos Delos, que tivo que pagar 28 millóns de dólares, e trasladados polo remolcador vigués José Elduayen á enseada de Barra, en Aldán (Cangas), o día 30. Desde alí, tras taponar provisionalmente as fendas sufridas no casco, o barco foi remolcado en outubro ata o porto do Pireo (Grecia) para ser reparado definitivamente. Unha vez reparado continuou navegando pero baixo o nome de Yanxilas e baixo bandeira grega [5], ata ser retirado da navegación en 1985.

Impacto medioambiental

editar

Calcúlase que a cantidade vertida foi dunhas 15.000 toneladas. Os intentos de sufocar o incendio con escuma lanzada desde avións e barcos anticontaminación foron infrutuosos e non se apagou ata dous días despois. As barreiras instaladas para conter a marea negra foron ineficaces. Aínda así, só resultaron afectados uns 5 km de costa, da zona de Baiona e Panxón (por exemplo, as praias de Patos, Canido, Sobreira, Cangas e Samil, entre outras), se ben o fume negro provocado polo incendio cubriu unha ampla zona.

Nos días seguintes ó accidente, a carga que non se queimou foi transvasada a barcos petroleiros auxiliares da compañía CAMPSA (Campaláns, Campollano e Camponalón) e desde estes ó Albuera.

  1. CETMAR: "En la maniobra de salida de la Ría de Vigo los bajos de la zona de Monteagudo le causan un gran boquete a babor". Tamén MASMAR, cando rememora os feitos, di que foi saíndo de Vigo. Pola contra, o informe do CEDRE afirma que o accidente se produciu cando intentaba entrar no porto de Vigo: "Le navire s'échoue sur un récif en voulant entrer dans le port".
  2. Unha camareira do barco que sufrira un aborto, e que era esposa doutro dos tripulantes.
  3. "Organismos internacionales para la contaminación marina, como el CEDRE francés y la aseguradora del Lloyd´s, consideraron que la varada se produjo por un error manifiesto del práctico del puerto de Vigo" [1].
  4. ABC, 20.02.1971 [2].
  5. Outro petroleiro co mesmo nome, Yanxilas, xa provocara outro vertido de petróleo, dunhas 16.000 toneladas, fronte á ría de Vigo, en 1965.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar