Pesqueiro

embarcación destinada á pesca

Un barco pesqueiro é un bote ou barco que se usa para pescar no mar, ou nun lago ou río. Empréganse moitos tipos de embarcacións para a pesca comercial, artesanal e deportiva.

Barco de pesca de cangrexos en Pellworm (Alemaña)
Barco pesqueiro en Dar es Salaam (Tanzania)

Segundo a Organización para a Agricultura e a Alimentación (FAO), no 2004 había catro millóns de embarcacións dedicadas á pesca, das cales 1,3 millóns, aproximadamente, son embarcacións con cubertas e áreas pechadas.[1] Case todas as embarcacións cubertas están mecanizadas, e 40 000 delas superan as 100 toneladas. No outro extremo, dous terzos (1,8 millóns) dos botes sen cuberta son embarcacións tradicionais de distintos tipos, que funcionan unicamente a vela e remos. Estes botes son os empregados polos pescadores artesanais.

Mais, é difícil estimar o número de barcos de pesca deportiva. Varían en tamaño, e ao contrario que os barcos comerciais, frecuentemente non se dedican só á pesca.

Antes da década de 1950 había moi pouca estandarización dos barcos pesqueiros. Os deseños podían variar en función do porto e estaleiro. Tradicionalmente os botes facíanse de madeira, pero a madeira xa non se usa polo seu custo e a dificultade para obter madeira de construción. Cada vez úsase máis a fibra de vidro nos barcos pesqueiros pequenos de até 25 metros (100 toneladas), mentres que o aceiro emprégase xeralmente en embarcacións superiores aos 25 metros.

Notas editar

  1. FAO 2007

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar