Abrir o menú principal

A pesca deportiva é un deporte moi difundido, sobre todo nas comarcas costeiras de toda Galiza, aínda que nalgunhas zonas do interior que se atopan preto de ríos grandes ou troiteiros tamén teñen numerosos afeccionados.

A pesca no marEditar

En Galiza esta pesca está bastante estendida nas rías. Predomina a pesca dende pequenas embarcacións que cacean polas praias e rías en busca de róbalo.

Hai tamén moita xente que pesca dende o peirao, o acantilado ou ó pé de praia, sendo estes últimos os que obteñen máis capturas[Cómpre referencia]. Existen diversas modalidades:

A pesca “a fondo”Editar

Esta especialidade consiste no transporte do cebo ata a zona adecuada cun chumbo ou chumbada que pode variar en forma, tamaño e peso. Para pescar desta maneira necesítase unha cana cunha acción determinada que vai dende os 20g ata os 300g.

A pesca con boiaEditar

É un tipo de pesca moi común nas costas rochosas, onde un chumbo quedaría enganchado nas pedras do fondo. Aínda que algo difícil para os que a practican por primeira vez debido ó manexo da boia, da moi bos resultados en canto a calidade de peixe e cantidade. Quizais a captura máis numerosa e importante sexa a do Sargo, pola súa abundancia sobre todo no outono e inverno, sendo comúns as “pescatas” de 10, 15 exemplares que poden superar facilmente o quilogramo de peso.

A pesca caceando desde embarcaciónEditar

Consiste en que co barco en movemento, moi amodo e co motor con pouco ruído, lancemos o cebo artificial, e fixemos o freo do carrete, así o vinilo ou o rappala moveranse a unha velocidade á que os depredadores (comunmente robalizas e xardas) poidan atrapalo con facilidade. Desta maneira sinxela podemos practicar outras modalidades mentres temos unha cana caceando.

Caceando desde terraEditar

Consiste no mesmo que a anterior, só que sen barco, polo que seremos nós os que teremos que recoller a tanza rapidamente. Deste xeito é máis incómodo pero pódese alternar tendo unha cana a fondo, ben suxeita á espera dunha picada mentres caceamos.

Os cebos artificiais poden ser de moitísimos tipos. Os máis utilizados son os vinilos, con forma de anguilón e os rappalas con forma de pequeno peixe.

A pesca nos ríos e lagoasEditar

É un tipo de pesca deportiva menos estendida pero que conta con bastantes practicantes deste deporte, sobre todo nos ríos Miño, Eo, Masma, e outros moitos da vertente Cantábrica e Atlántica. Existen tamén moitas modalidades, das que veremos as máis importantes.

A pesca con moscaEditar

Como o seu nome indica o cebo é unha mosca artificial realizada artesanalmente con plumas e que leva un anzol. Consiste en lanzar a mosca sen ningún tipo de chumbo cuns rápidos movementos cara atrás e adiante, e ten que caer suavemente na superficie da auga, coma se fose un auténtico insecto que acaba de caer aínda vivo sen saber o que lle agarda debaixo da auga, listo para saltar no aire e atrapalo entre os seus dentes.

As capturas son normalmente troitas, comúns ou arcoiris.

Pescando con culleriñaEditar

É por excelencia o mellor método para pescar troitas. A técnica é moi longa de aprender e moi complicada, pero con práctica todo se consegue. Consiste en lanzar unha especie de culler de metal dun color brillante cun trianzó, e que ó recoller a moita velocidade só se pode ver unha cousa moi rechamante (que resulta atractiva para as troitas).

Pescando con cebo naturalEditar

Os cebos deben ir cun pequeno chumbo que depende do leito e corrente do río. Poden ser por exemplo miñocas, saltóns, insectos acuáticos... Todo o que se atope preto do leito río e que teña vida. Hai que facer unha mención a parte para a anguía, que pode comer de todo, pero o mellor cebo é a sardiña, aínda que pareza estraño utilizar un cebo de mar no río. O seu olor atraerá as anguías dende moi lonxe, xa que se guían polo olfacto e o tacto, non pola vista.