Provincia marítima
Unha provincia marítima é en España unha división administrativa marítima na que se divide o litoral, cada provincia marítima subdivídese en Distritos Marítimos.
Historia
editarAs provincias marítimas teñen a súa orixe na Real Cédula de 5 de outubro de 1607, pola que Filipe III de España organizou a matrícula do mar. Crea as primeiras provincias marítimas, dependentes dos departamentos de Ferrol, Cádiz e Cartagena.
Co transcorrer dos anos, o seu número, ámbito xeográfico, e nome de cada provincia, foron cambiando. Na actualidade, a disposición final segunda da Lei 27/1992, de 24 de novembro, de Portos do Estado e da Mariña Mercante, establece que o Goberno, a través do Ministerio de Fomento, é o responsábel de regulamentar esta división do litoral. Na actualidade hai 30 provincias marítimas, segundo regula o Real Decreto 638/2007, do 18 de maio.
Á fronte de cada provincia marítima atópase o Capitán Marítimo (Capitanía Marítima), órgano administrativo do que dependen os Xefes dos distritos marítimos, os cales están á fronte de cada un dos distritos nos que se subdivide a provincia marítima, coma xa se citou.
A Capitanía Marítima é un órgano dependente da Dirección Xeral da Mariña Mercante, adscrita á Secretaría Xeral de Transportes da Secretaría de Estado de Transportes do Ministerio de Fomento.
A Dirección Xeral da Mariña Mercante, xunto aos seus órganos periféricos dependentes -as Capitanías Marítimas e os Distritos Marítimos vencellados a elas- conforma a que se ven a denominar "Administración Marítima Española", e ten asumidas as competencias que lle atribúe a Lei 27/1992 de Portos do Estado e da Mariña Mercante.