San Sebastián de la Gomera
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
San Sebastián de la Gomera, coñecido popularmente como La Villa, é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. É a capital da illa de La Gomera, pertencente ás Canarias. Neste municipio atópase a ermida da Virxe de Guadalupe, patroa da illa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | San Sebastián de la Gomera (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.562 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 113,59 km² ![]() | ||||
Altitude | 128 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Q126367814 ![]() ![]() | Ángel Luís Castilla Herrera (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38880 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 38036 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | sansebastiangomera.org ![]() |
Ten unha poboación de 9.120 habitantes (INE, 2011). Ademais do casco, as entidades de poboación máis importantes son El Molinito, Laguna de Santiago e Tecina. Preto de 1850 absorbeu ao municipio de Jerduñe.
Descrición
editarEstá situado ao leste da illa. Ten unha extensión de 114,47 km² e a súa altitude é de 5 metros sobre o nivel do mar.
Conta cun porto comercial, polo que pasou Cristovo Colón nas súas viaxes ao continente americano. O lugar onde se aloxou, a Casa de Colón, é agora un museo.
Neste municipio atópase La Torre del Conde que foi construída entre os anos 1447 e 1450 polo Conde da Gomera. Durante unha rebelión dos nativos da illa foi lugar de refuxio para os españois. Tamén destaca en San Sebastián a igrexa da nosa Señora da Asunción e a Ermida de San Sebastián.
A economía no pasado estivo baseada na agricultura, pero nos últimos anos cobrou importancia o sector servizos.
Ao redor de 1599, un grupo de holandeses intentaron invadir a illa polo porto da Vila, pero foron rexeitados polos gomeros.
Panorama
editarA Vila de San Sebastián de la Gomera atópase nun val á beira do mar, a "silueta" de San Sebastián está dominada pola figura do Teide situado na illa de Tenerife. A montaña é claramente visible desde a maior parte da illa de La Gomera, incluída a súa capital San Sebastián de la Gomera, e é representada a miúdo por artistas gomeros en pinturas, souvenirs e demais obxectos.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Sebastián de la Gomera |