Abrir o menú principal

O Sáhara Español (en árabe: الصحراء الإسبانية al-Sahara' al-Isbaniyya) foi unha colonia e, posteriormente, provincia española en África xurdida da unión en 1958 dos territorios de Saguia el Hamra e Río de Oro, despois de que a agrupación de territorios da África Occidental Española deixase de existir. En 1976, logo da Marcha Verde de Marrocos sobre o territorio, España abandonouno. Desde ese momento o chamado Sáhara Occidental é disputado por Marrocos, que o anexiona sen recoñecemento internacional, e a República Árabe Saharauí Democrática que quere establecer un Estado independente no antigo territorio provincial.

Provincia Ultramarina del Sáhara Español
في الخارج اقليم الصحراء الاسبانية
Provincia Ultramarina do Sáhara Español

1939–1975
 

 

 

Situación do Sáhara Español
Capital O Aaiún
Lingua Español e árabe
Goberno Ditadura (1958-1975)
Monarquía (1975-1976)
Presidente
 • 1939–1975 (primeiro) Francisco Franco
 • 1975–1976 (último) Xoán Carlos I
Historia
 • Establecido 1939
 • Disolución 1975

Segundo o Dereito Internacional, xuridicamente a soberanía e a administración do Sáhara Occidental seguen en mans de España, aínda que desde a firma dos Acordos de Madrid, non levou a cabo ningunha acción en tal sentido.

Índice

TerritoriosEditar

Saguia el HamraEditar

Artigo principal: Saguia el Hamra.

Saguia el Hamra é o territorio correspondente á zona setentrional da antiga provincia española do Sáhara Español. Nun principio foi unha colonia española no Sáhara, pero máis tarde foi unido a Río de Oro. Tiña unha superficie aproximada de 282.000 km². A capital era O Aaiún. Outra poboación importante era Esmara, fundada por Ma el Ainin e considerada centro relixioso.

A súa denominación, que podería traducirse en galego como "arroio vermello", provén do gran arroio homónimo, que desembocaba uns quilómetros ao oeste do Aiún, no seu porto.

Do Cabo Bojador partía a liña divisoria co territorio de Río de Oro; situada no paralelo 26º servíalle como fronteira sur. O paralelo 27º 50' marcaba a fronteira cos territorios do Protectorado español de Marrocos no sur.

Río de OroEditar

Artigo principal: Río de Oro.
 
Selo do Sáhara Español de 1924.

Río de Oro (Ued o Dahab en árabe) é un dos dous territorios en que se dividía o Sáhara Español antes da invasión ilegal de Marrocos. A súa capital era Villa Cisneros (actual Dakhla). Nun principio fixo parte da Colonia de Río de Oro que posteriormente conformou o Sáhara Español. Cunha superficie de 184.000 km², ocupaba a zona central e meridional do territorio.

Atravesada polo Trópico de Cáncer, o paralelo 26º marcaba a súa fronteira setentrional, con Saguia el Hamra. O límite sur era o Cabo Branco, unha península na que se acha a poboación de Lagouira, a cal foi anexionada por Mauritania entre 1976 e 1979.

A fronteira establecida entre as zonas ocupadas de Mauritana e Marrocos comezaba en Villa Cisneros, no paralelo 24º, e terminaba na fronteira con Mauritania, á altura do paralelo 23º.

Chegou unha expedición española xa nos anos 1885 e 1886 a declarar que non existía río ningún que desembocase no golfo, podendo levar a unha posible equivocación a forma longa e estreita do golfo que os descubridores portugueses tomaron polo estuario dun río.

AdministraciónEditar

Nacionalidade españolaEditar

Todos os habitantes nativos do Sáhara recibían o Documento Nacional de Identidade (DNI) e o pasaporte españois, xunto co libro de familia, e todos os documentos correspondentes.[1] Este feito demostraba a plena nacionalidade española dos seus habitantes e foi esgrimido nos recursos realizados por cidadáns saharauís co fin de demostrar que a súa perda era nula, dado que ningún nacional español pode ser desprovisto dela e así foi recoñecido polo Tribunal Supremo.[2]

Matriculación de vehículosEditar

A matrícula da provincia era "SH", e a partir de 1971 funcionou con sistema alfanumérico, a semellanza do resto de provincias de España.

NotasEditar