O Aaiún

(Redirección desde «O Aiún»)

Coordenadas: 27°9′13″N 13°12′12″O / 27.15361, -13.20333

O Aaiún[1] ou O Aiún[2][3] (en castelán: El Aaiún, en francés: Laâyoune, en árabe: العيون [Al-Ayun]) é unha cidade do Sáhara Occidental, considerada a súa capital pola autoproclamada República Árabe Saharauí Democrática, pero na práctica atópase ocupada e administrada por Marrocos,​ como a maior parte do Sáhara Occidental. Está situada no interior do territorio, a 28 km da costa norte, xunto ao leito seco do río Saguia el Hamra, na rexión homónima.

O Aaiún
Laâyoune
العيون
El Aaiún-Laâyoune Collage.png
Sentido horario de arriba abaixo: deserto do Sáhara, Palacio do Congreso Marroquí, avenida Meka, arco de entrada á cidade e catedral de San Francisco de Asís.
Localización
Western sahara walls moroccan map-es.svg
PaísFlag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sáhara Occidental[Nota 1]
RexiónSáhara Occidental
ProvinciaO Aaiún
Xeografía
Altitude19 msnm
Superficie21 km²
Demografía
Poboación217.732 hab. (2014)
Densidade10.318´19 hab/km²
Rúa céntrica do Aaiún.

A cidade contaba no ano 2014 cunha poboación dunhas 217.732 persoas, sendo a maior de todo o Sáhara Occidental.

HistoriaEditar

Foi fundada en 1938 e foi a capital do territorio de Saguia el Hamra. En 1967 tiña unha poboación de 16.300 habitantes (9.700 saharauís e 6.600 españois), e 42.500 en 1974 (24.000 saharauís e 17.500 españois).

En 2005, a cidade foi escenario de graves protestas en contra da ocupación marroquí e en apoio á independencia e da Fronte Polisario. Estas protestas tamén se produciron noutros núcleos urbanos do Sáhara Occidental, e nalgúns centros universitarios de todo Marrocos. A cidade foi recoñecida como a capital da República Árabe Saharauí Democrática por 82 estados.

NotasEditar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  1. O Sáhara Occidental é un territorio non autónomo baixo supervisión do Comité de Descolonización da Organización das Nacións Unidas. O seu proceso de descolonización interrumpíuse en 1976, cando España, a súa potencia administradora, abandonou o territorio en virtude do Acordo Tripartito de Madrid, non válido segundo o dereito internacional. A cidade está ocupada por Marrocos, que a inclúe dentro da rexión de El Aaiún-Saguía el-Hamra, e reclamada pola autoproclamada República Árabe Saharauí Democrática.

Véxase taménEditar