África Occidental Española

África Occidental Española foi o nome da agrupación de colonias e protectorados españois no oeste de África (excluíndo as illas Canarias). Creouse en xullo de 1946 agrupando o territorio de Ifni, a zona sur do protectorado español de Marrocos (coñecida como Cabo Juby), a zona de Saguia el Hamra e a colonia de Río de Oro.

África Occidental Española

 

 

 

1946–1958
 

 

Os territorios en 1912, antes de constituírse a África Occidental Española.
Capital Villa Cisneros
Lingua Español
Goberno Ditadura
Presidente
 • 1946–1958 Francisco Franco
Historia
 • Establecido 1946
 • Disolución 1958

O 14 de xaneiro de 1958, a agrupación deixou de existir. Cabo Juby foi cedido a Marrocos (acordo de Angra de Cintra, 1 de abril de 1958). Río de Oro e Saguia el Hamra formaron a provincia española de ultramar do Sáhara Español en tanto que Ifni formou outra provincia española de ultramar.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.