Mazarrón

Mazarrón é un municipio da Rexión de Murcia, pertencente á comarca do Bajo Guadalentín. Componse de dous núcleos: Puerto de Mazarrón, que é onde se atopan as praias e o turismo, non considerándose unha pedanía, e Mazarrón, que é o centro urbano.

Puerto de Mazarrón, no litoral deste municipio.

Limita cos municipios de Cartagena e Fuente Álamo de Murcia ao leste, cos de Alhama de Murcia e de Totana ao norte, co de Lorca ao oeste e co Mar Mediterráneo ao sur. Ten unha extensión de 318,7 km² e unha poboación de 34.351 habitantes en todo o municipio (segundo INE 2008). Atópase a 25 metros sobre o nivel do mar e dista 70 km da capital da Rexión, Murcia. Mazarrón e Puerto de Mazarrón teñen unha importante oferta turística e gastronómica.

En Puerto de Mazarrón atopáronse os barcos fenicios máis antigos do mundo, concretamente na Praia da Illa.