Adra, Almería
Adra é unha localidade e concello da provincia de Almería, na comunidade autónoma de Andalucía, situado na comarca de Poniente Almeriense, a 53 km da capital de provincia, Almería.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Almería | ||||
Capital | Adra (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.195 (2023) (279,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 90,05 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 20 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Nicolao de Tolentino | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Enrique Hernando Martínez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 04770 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 04003 | ||||
Sitio web | adra.es | ||||
En 2013 tiña 24 761 habitantes, a súa extensión superficial é de 90,05 km² e tiña unha densidade de 274,97 hab/km².
Xeografía física
editarRelevo e hidroloxía
editarOrograficamente, Adra atópase ao sueste de Serra Nevada, na Baixa Alpujarra. Debido a isto, a orografía de Adra caracterízase pola existencia de lomas e barrancos que se inician a nivel do mar no vértice sueste do termo e van aumentando a súa altitude cara ao norte e o oeste, alcanzando unha cota máxima de 960 metros no cerro de Las Pendencias.
Clima
editarA súa situación costeira e a súa latitude favorecen a existencia de invernos temperados e veráns calorosos, con temperaturas que non adoitan superar os 38 grados centígrados.
Situación
editarNoroeste: Turón (Provincia de Granada) | Norte: Berja | Noeste: Berja e Balanegra |
Oeste: Albuñol(Provincia de Granada) | Leste: Balanegra | |
Suroeste: mar Mediterráneo | Sur: mar Mediterráneo | Sueste: mar Mediterráneo |
Adra é o municipio situado máis ao suroeste da provincia de Almería, máis concretamente no extremo occidental da comarca do Poñente de Almería, cunha extensión de 8750 hectáreas e 13 quilómetros de liña costeira. A súa distancia respecto da capital de Almería é duns 53 quilómetros.
Historia
editarÉpoca romana
editarA partir do século IV a. C. a colonia pasa a control púnico e a finais do século II a.C pasa a control do Imperio Romano, na provincia romana da Hispania Ulterior. En Adra, a presenza romana faise patente durante tres séculos, sendo o Século I, o de maior esplendor como municipio romano, acuñándose moedas na súa propia ceca.
Inxentes restos arqueolóxicos, especialmente lápidas e estelas de habitantes de Abdera están repartidas en museos arqueolóxicos e coleccións privadas, xa que nos últimos dous séculos a espoliación dos sitios arqueolóxicos foi sistemática.
Abdera foi en época romana porto de saída de minerais das serras próximas de Gádor, madeiras e sazóns de pescado, entre elas o garum, pasta licuada, procedente dos restos de carnes e vísceras de pescados e mariscos, moi apreciada en tempos da dominación romana.
A maioría das fontes bibliográficas máis antigas existentes sobre o municipio pertencen a este período. Outros historiadores tamén mencionan a localidade en vairas obras, como é o caso de Estrabón, quen no libro terceiro da súa Xeografía, fala do porto de Abdera e da existencia doutra cidade chamada Odisea, non no lugar da actual, senón na montaña, visible desde o mar e que exhibía un santuario adicado a Atenea. Non existe constancia dese santuario nin atopáronse restos arqueolóxicos similares.
Tras unha decadencia de poboación entre os anos 23 a. C. e 25 d. C., prodúcese un momento de grande esplendor para a cidade arredor dos anos 175 e 225 d. C. A partir do século III e, coincidindo coa crise do Imperio Romano, a cidade entra nun período de paulatina decadencia que dura ata o século VI, no que a cidade minguou a súa actividade económica substancialmente. Este será o estado no que a atopan os bizantinos e Visigodos en torno aos séculos VI e VII.
Época musulmá
editarA islamización do municipio no tivo lugar ata o século IX d. C., remodelándose a súa poboación urbana no interior, concretamente en torno á barriada moderna de La Alquería. Desta época son os restos arqueolóxicos máis antigos aínda presentes na localidade, como a torre vixía situada na rúa Natalio Rivas.
Existe unha lenda en torno á figura do último dirixente nazarí de Granada, Boabdil o Mozo, que afirma que este abandonou a Península Ibérica desde o porto de Adra en 1492, camiño do norte de África, tras abandonar Granada fuxindo dos Reis Católicos. A lenda afirma que unha vez no mar, o príncipe volveu a mirada en dirección a Adra e lanzou a súa espada ao mar prometendo que algún día volvería a por ela. Anos despois, elixiría de novo Adra como porta de entrada para intentar unha nova reconquista frustrada da península. Así mesmo, Adra foi porto base das tropas castelás que acabaron coa rebelión dos mouriscos nas Alpuxarras, na que participaron os capitáns que venceron na Batalla de Lepanto.
Época contemporánea
editarAdra comezou a rexurdir no século XIX coa industrialización –foi pioneira a nivel nacional posuíndo a primeira máquina de vapor operativa en España[1]– e, coa construción de fábricas de azucre e fundición de chumbo; aínda que a súa pesca sempre foi abundante, especialmente sardiñas, bocareus, douradas e robalizas, –nos últimos tempos criadas en granxas mariñas–, atún, bonito e melva, acadándose un gran prestixio coas súa industria conserveira nos anos trinta.
Na actualidade a industria en Adra desapareceu case por completo; a maioría dos ingresos proveñen da agricultura e a pesca, dous sectores moi afectados pola crise nos últimos anos.
Política
editarResultados das eleccións municipais de 2015.
Partido político | 2015 | 2011 | ||
---|---|---|---|---|
Votos % | Concelleiros | Votos % | Concelleiros | |
Partido Popular (PP) | 39,14% | 9 | 60,68 | 14 |
Partido Socialista Obrero Español de Andalucía (PSOE-A) | 33,27% | 8 | 30,67% | 7 |
Plataforma Abderitana - Izquierda Unida Los Verdes (IULV-CA) | 14,14% | 3 | 3,37 | 0 |
Ciudadanos – Partido de la Ciudadanía (C´S) | 7,93% | 1 | - | - |
Alcaldes desde as primeiras eleccións municipais democráticas en 1979
Mandato | Nome do alcalde | Partido político |
---|---|---|
1979-1983 | Pedro Sarmiento Posada | PSOE |
1983-1987 | Agustín Espinosa Toledano | PSOE |
1987-1991 | Enrique Arance Soto | AP |
1991-1995 | Joaquín Navarro Imberlón | PSOE |
1995-1999 | Joaquín Navarro Imberlón | PSOE |
1999-2003 | Joaquín Navarro Imberlón | PSOE |
2003-2007 | M.ª Carmen Crespo Díaz | PP |
2007-2011 | M.ª Carmen Crespo Díaz | PP |
2011-2015 | M.ª Carmen Crespo Díaz Enrique Hernando Martínez |
PP |
2015-2019 | Manuel Cortés Pérez | PP |
Notas
editar- ↑ http://www.almeriainformacion.com/index.php?option=com_k2&view=item&id=152:adra&Itemid=559
- ↑ Ministerio del Interior (ed.). "Resultados Elecciones Municipales 2007. Adra". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2011. Consultado o 3 de xuño de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adra, Almería |