Jesús Vázquez Almuíña

médico e político galego

Jesús Vázquez Almuíña, chamado Sito, nado en Baiona en 1962,[1] é un médico e político galego, que foi conselleiro de Sanidade de 2015 a 2020 e alcalde de Baiona de 2004 a 2015 e de novo desde 2023.

Modelo:BiografíaJesús Vázquez Almuíña

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Baiona, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Baiona
2023 –
← Carlos Gómez Prado
Presidente Autoridade Portuaria de Vigo
2020 – 2023
← Henrique López Veiga
Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia
2015 – 2020
← Rocío MosqueraJulio García Comesaña →
Alcalde de Baiona
2004 – 2015
← Luis Carlos de la PeñaÁngel Rodal Almuíña → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Baiona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como médico dende o comezo da súa carreira profesional no policlínico de Povisa, en Vigo. Entre 1994 e 1996 accedeu a unha praza en Segovia, pero en 1997 volveu a Vigo e en 1998 pasou a traballar no Hospital do Meixoeiro de Vigo. En 2001 foi nomeado director-xerente dese hospital e en 2003 pasou a ser director provincial do SERGAS en Pontevedra.

Cabeza de lista polo Partido Popular de Galicia nas municipais de 2003 en Baiona, o seu partido sufriu un revés ao baixar dous concelleiros e perder a alcaldía. Porén, en novembro de 2004, e grazas ao apoio de Coalición Miñorana e dos Veciños Independentes de Baiona, accedeu á alcaldía mediante unha moción de censura[2]. En 2007 revalidou a vitoria electoral, aumentou tres concelleiros, e chega a pacto coa Coalición Miñorana para manterse na alcaldía. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, agora con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta.[3]

Ademais, dende xuño de 2003 foi deputado na Deputación de Pontevedra.

En outubro de 2015 foi nomeado Conselleiro de Sanidade,[4] e o seu curmán, Ángel Rodal Almuíña tomou o relevo na alcaldía de Baiona.[5]. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputado no Parlamento de Galicia[6].

En setembro de 2020 Alberto Núñez Feijóo prescindiu del na formación do novo goberno que seguiu ás eleccións galegas dese ano, durante a pandemia da COVID-19.[7]

Dende novembro de 2020 a 2023 foi o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo[8].

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
Predecesor:
Luis Carlos de la Peña
  
Alcalde de Baiona
 
2004 - 2015
Sucesor:
Ángel Rodal Almuíña
Predecesor:
Rocío Mosquera
  
Conselleiro de Sanidade
 
2015 - 2020
Sucesor:
Xulio García Comesaña
Predecesor:
Henrique López Veiga
 Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo 
2020 - 2023
Sucesor:
Carlos Botana Lagarón
Predecesor:
Carlos Gómez Prado
  
Alcalde de Baiona
 
2023 -
Sucesor:
'