Julio García Comesaña
Julio García Comesaña, nado en Vigo en 1968, é un xestor e político galego, actual conselleiro de Sanidade.
Julio García Comesaña | |
---|---|
Nacemento | 1968 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político e físico |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela (1993) coa especialidade de Electrónica e fixo anos máis tarde un mestrado en administración sanitaria.
Comezou a traballar en radiofísica en 1993 no policlínico Povisa de Vigo, despois no hospital Universitari Vall d'Hebron, e finalmente no Hospital do Meixoeiro de Vigo, do que foi director de centro e posteriormente director operativo do hospital (2005-11). En 2013 foi nomeado subdirector xeral de ordenación asistencial e innovación organizativa do SERGAS. Foi director de procesos asistenciais da área sanitaria de Vigo, e en 2018 foi nomeado xerente da área sanitaria de Ourense. En 2019 pasou a ser xerente da área sanitaria de Vigo[1].
En setembro de 2020 foi nomeado conselleiro de Sanidade por Alberto Núñez Feijóo[2].
Predecesor: Xesús Vázquez Almuíña |
Conselleiro de Sanidade 2020 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas Editar
- ↑ David Lombao (5 de xullo de 2019). "O Sergas envía a Ourense ao xerente da área sanitaria de Vigo, que acumula peticións de dimisión". Praza.
- ↑ David Reinero (6 de setembro de 2020). "Feijóo muda de conselleiros de Sanidade e Educación en plena pandemia a catro días da volta ás aulas e nomea un vicepresidente económico". Praza.