Portos do Estado
Portos do Estado é un organismo público español, dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, con responsabilidades globais sobre o conxunto do sistema portuario de titularidade estatal.[1] Está encargado da execución da política portuaria do Goberno do Estado e da coordinación e control de eficiencia do sistema portuario, formado por 28 Autoridades Portuarias que administran os 46 portos de interese xeral, dos cales sete están situados en Galiza e son xestionados por cinco autoridades portuarias.[2][3]
Portos do Estado | |
---|---|
Tipo | axencia gobernamental |
Data de fundación | 24 de novembro de 1992 |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
http://www.puertos.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O artigo 149 da Constitución Española de 1978, referente ás «Competencias Exclusivas do Estado», no seu punto 20 fai referencia directa á titularidade de portos e aeroportos de interese xeral.[4]
Competencias e funcións
editarSegundo a CE e o Real Decreto Lexislativo 2/2011, de 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de Portos e da Mariña Mercante, a titularidade dos portos de interese xeral é competencia do Estado.[5] Estes portos inclúen aqueles que realizan actividades comerciais marítimas internacionais, serven a industrias de importancia estratéxica para a economía nacional ou teñen un volume e características de actividade suficientemente relevantes.
A Portos do Estado correspóndenlle as seguintes competencias, baixo a dependencia e supervisión do Ministerio:
- A execución da política portuaria do goberno.
- A coordinación e control da eficiencia do sistema portuario estatal, nos termos previstos nesa lei.
- A coordinación xeral cos diferentes órganos da Administración Xeral do Estado
- A formación, a promoción da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico en materias vinculadas coa economía, xestión, loxística e enxeñaría portuarias.
- A planificación, coordinación e control do sistema de sinalización marítima a través da Comisión de Faros.
Modelo portuario español
editarO Real Decreto distingue entre os portos de titularidade autonómica (maiormente portos pesqueiros, deportivos e de refuxio), que dependen do goberno da Comunidade Autónoma onde están situados, e os portos de titularidade estatal.
Características dos portos de interese xeral
editar- Efectúanse neles actividades comerciais marítimas internacionais.
- Serven a industrias de importancia estratéxica para a economía nacional.
- O volume anual e as características das súas actividades comerciais marítimas alcanzan niveis suficientemente relevantes, ou responden a necesidades esenciais da actividade económica xeral do Estado.
- As súas especiais condicións técnicas ou xeográficas son esenciais para a seguridade do tráfico marítimo.
Portos Galegos de Interese Xeral
editarEn Galicia, hai seis portos de interese xeral que están baixo a xurisdición de cinco autoridades portuarias:[6]
Importancia económica e problemas de xestión
editarA actividade portuaria e o transporte marítimo achegan un 20% ao PIB español do sector de transportes. A Lei dota ao sistema portuario de instrumentos para mellorar a súa posición competitiva nun mercado aberto e globalizado, establecendo un réxime de autonomía de xestión das Autoridades Portuarias, que deben exercer a súa actividade con criterios empresariais. Neste marco, os portos de interese xeral responden ao chamado modelo landlord, no que a Autoridade Portuaria provee a infraestrutura e solo portuario e a regula a utilización deste dominio público, mentres que os servizos son prestados maiormente por operadores privados en réxime de autorización ou concesión.[7][8]
A función dos portos desborda o seu tradicional papel como meros puntos de embarque e desembarque de mercadorías e pasaxeiros para converterse en centros nos que se sitúa toda unha serie de actividades que xeran valor engadido á mercadoría, plenamente integrados nas cadeas loxísticas e intermodais.[9][10]
Debates sobre descentralización e coordinación
editarOs portos galegos representan unha fonte de ingresos a través de taxas portuarias e servizos, ademais de ser un nicho significativo de emprego e unha plataforma loxística fundamental para Galiza e os seus produtos. Porén, o sistema recibiu críticas por problemas derivados da burocracia e falta de dinamismo na xestión que afectan á súa competitividade. Por exemplo, o porto de Vigo perde un 6% de tráfico cada ano. Ademais, a riqueza xerada polos portos non reverte proporcionalmente en Galiza, como se observa na diferenza de investimento en comparación con outros portos españois (como o da Baía de Alxeciras e outros).[11]
Hai un debate sobre a posibilidade de transferir a xestión dos portos de interese xeral ao goberno galego, co argumento de que unha xestión máis descentralizada podería mellorar a eficiencia. O Tribunal Constitucional, na súa sentenza 85/1983, indica que o interese xeral é aplicable a todas as Administracións, polo que se considera lóxico transferir estes portos a Galiza. A transferencia podería permitir unha mellor planificación e aproveitamento dos portos para o asentamento de novas empresas e a creación de emprego.[11]
Desastre do Prestige
editar- Artigo principal: Prestige.
Unha das principais polémicas en relación con Portos do Estado en Galiza xurdiu tras o naufraxio do Prestige en novembro de 2002. Este incidente revelou deficiencias significativas na xestión da crise e na coordinación entre o Goberno central e a Xunta. As críticas centráronse na resposta tardía e ineficaz desde Madrid, afastando o petroleiro da costa sen adoptar medidas suficientes para conter o vertido de fuel. Este desastre destacou a necesidade de mellorar os protocolos de emerxencia e a xestión medioambiental dos portos, esixindo unha maior autonomía e recursos para as autoridades galegas, e un porto refuxio onde transvasar a carga e facer as reparacións precisas. O lugar escollido para foi punta Langosteira, e sería pagado ao 40% pola Unión Europea, o 30% polo Ministerio de Fomento e o restante 30% pola Autoridade Portuaria da Coruña. As obras en punta Lagosteira iniciáronse en 2005, liberando terreos na zona portuaria coruñesa para seren recalificados como uso urbanístico.[12]
Vertedura do Toconao
editar- Artigo principal: Vertedura de granulado de plástico na costa de Galicia.
Máis recentemente, o vertido de pellets de plástico polo buque Toconao en 2023 reavivou a controversia sobre a xestión de desastres ambientais. A Xunta acusou ao Goberno central de non proporcionar información suficiente nin activar os protocolos de emerxencia de forma adecuada. Pola súa banda, o Goberno central argumentou que a Xunta non solicitou axuda correctamente,[13] o que puxo de manifesto unha vez máis as carencias na coordinación interadministrativa e nas normativas de transporte marítimo, incluíndo as autoridades europeas e internacionais como a OMI.[14][15]
Narcotráfico
editar- Artigo principal: narcotráfico.
Os portos galegos teñen sido un punto clave para o tráfico de drogas desde a década de 1980, debido á súa localización e alta actividade comercial. As autoridades teñen confiscado alixos de contrabando camuflados en contedores, destacando as limitacións na vixilancia. A xestión portuaria ten recibido críticas pola súa eficacia na detección de drogas, con acusacións de pouca inspección que facilitan "portos cómodos" para actividades ilícitas, e considerando o transporte por estrada "máis arriscado". Tamén foron feitos chamamentos a unha maior coordinación internacional e entre os Portos dos Estados membros da UE.[16][17][18][19]
Notas
editar- ↑ "Organigrama ; Puertos". www.puertos.es. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ "Nosotros". www.puertos.es. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ "Portos de interese xeral". Praza Pública. 2019-01-11. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ "Constitucion-española-do-27-de-decembro-de-1978". xeg.xunta.gal. Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ "BOE-A-2011-16467 Real Decreto Lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante.". www.boe.es. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ "Presentación do sistema portuario galego - Portos de Galicia". portosdegalicia.gal. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ APR (ed.). "Modelos de gestión portuaria" (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2024.
- ↑ OCP (ed.). "Modelos Explotación Portuaria y Competitividad". Consultado o 30 de xuño de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ Fundación Valenciaport (ed.). "Cálculo y gestión estratégica de costes portuarios". Consultado o 30 de xuño de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ CEPAL (ed.). "La externalización de la logística en una economía globalizada" (PDF). Consultado o 30 de xuño de 2024.
- ↑ 11,0 11,1 "Portos de interese xeral". Praza Pública. 2019-01-11. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ Peregil, Francisco (2011-11-18). "El puerto de los mil millones de euros". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-07-05.
- ↑ "O Goberno de España ofreceu axuda á Xunta para limpar os pellets de plástico das praias". mpt.gob.es. Consultado o 5 de xullo de 2024.
- ↑ "Una normativa en trámite en la ONU podría haber evitado el vertido de pellets en Galicia". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-07-04.
- ↑ García, Luis Mejía (2024-01-09). "Qué dice la norma de contaminación marina que se ha activado en Asturias y Galicia para gestionar el vertido de ‘pellets’ en sus costas". Newtral (en castelán). Consultado o 2024-07-04.
- ↑ El País (ed.). "El viaje más arriesgado del mayor cargamento de cocaína incautado en Galicia". Consultado o 30 de xuño de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ "La Unión Europea lanza una "alianza de puertos" contra el narcotráfico". France 24. 2024-01-24. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ Rachidi, Imane (2023-04-09). "Infiltración y corrupción en los puertos de la UE, "modus operandi" de los criminales". euroefe.euractiv.es (en castelán). Consultado o 2024-07-04.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2019-04-01). ""Los narcos gallegos controlan los puertos en el resto del país, Bélgica y Holanda"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-07-04.
Véxase tamén
editar- Aena
- Adif
- Autoridade Portuaria
- Axencia Europea de Seguridade Marítima
- Portos de Galicia
- Provincias marítimas de España
Ligazóns externas
editar- Sitio oficial de Portos do EstadoArquivado 23 de abril de 2019 en Wayback Machine. .