Vertedura de granulado de plástico na costa de Galicia

accidente marítimo no océano Atlántico en 2023

Coordenadas: 41°42′13″N 9°31′24″O / 41.703475942073, -9.5232638405427

A vertedura de granulado de plástico na costa de Galicia tivo lugar logo de que o 8 de decembro de 2023 o buque Toconao, de bandeira de Liberia, perdese varios contedores fronte á costa de Portugal.[1] Un deles contiña granulado, pequenas bólas de plástico utilizadas como materia prima para a fabricación de produtos plásticos, que chegaron á costa galega desde as Rías Baixas ata a Mariña de Lugo. A situación agravouse pola dificultade para retirar estes residuos debido ao seu pequeno tamaño e lixeireza, o que complicou enormemente os labores de limpeza.[2]

O buque Toconao en Fremantle en 2020.

A resposta das autoridades a esta crise foi obxecto de críticas. Organizacións locais como Noia Limpa e grupos ecoloxistas como ADEGA[2] denunciaron a falta de acción efectiva por parte da Xunta de Galicia que estaba informada de situación desde un mes antes.[3] Ademais dos problemas medioambientais, esta contaminación representa unha ameaza significativa para a economía local, que depende en gran medida da pesca e a acuicultura. O granulado, polo seu tamaño, pode ser inxerido pola fauna mariña, o que aumenta o risco dunha maior contaminación biolóxica e pon en perigo a biodiversidade e os recursos mariños da rexión.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar