Porta do Atlántico

escultura en Vigo

A Porta do Atlántico é un monumento obra do artista ponteareán Silverio Rivas de 1990 situado na Praza de América, no barrio das Travesas da cidade de Vigo.

Porta do Atlántico

Tipoobra escultórica, fonte e monumento Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoarte pública Editar o valor en Wikidata
Material usadoRosa Porriño Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°13′14″N 8°43′58″O / 42.220658, -8.732764
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloVigo Editar o valor en Wikidata
Altitude51 m Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación3 de maio de 1991 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura13,85 m Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
CreadorSilverio Rivas Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Características

editar

Componse de tres elementos que proceden dun mesmo bloque de granito rosa do Porriño. As pezas foron deseñadas, cortadas e tratadas nunha canteira do Porriño. A parte principal e máis recoñecíbel é unha gran porta de 14 metros de altura e 427 toneladas que fica nun grande encoro circular no medio e medio da praza de América, por riba dun paso subterráneo que comunica as avenidas de Castelao, López Mora e Gran Vía. O encoro, en realidade unha gran fonte con chafarices centrais, reborda a tona da auga nun circuíto pechado. Arrodéase de dous socalcos de paralelepípedos de granito rosa. A comezos do século XXI instaláronse na fonte algúns grupos de flores para que non fose tan fría a imaxe da obra. A porta consta de dúas xambas e un gran lintel. Das xambas, cara ao van, penduran dúas pezas que representarían Europa e as Américas.

A segunda parte é un bloque que fica no comezo da Gran Vía, e a última un bloque ao principio da avenida de Castelao.[1]

Anteriormente no centro da praza só había un farol con varios brazos. A instalación da obra levouse a cabo en 1990, cando se construíu o paso inferior para liberar o tráfico das Travesas.

No mes de maio do ano 2019 realizáronse diversas modificacións. A superficie da fonte substituíuse en parte por unha zona peonil con pequenas fontes a arboriñas (oliveiras e pradairos). Ás noites proxectarase un espectáculo de luces de diferentes cores e son.[2]

Significado

editar

Trátase dunha homenaxe aos emigrantes galegos que saíron de Vigo cara ás Américas nos buques durante os século XIX e XX, por iso a mesma cidade é denominada a porta do Atlántico. Hoxe é un dos monumentos máis coñecidos da cidade. É un bo exemplo de sinxeleza do concepto e da plasticidade tallado directamente en granito.[3]

Celebracións do Celta e outros eventos

editar

Na praza de América celébranse importantes actos. O encoro da Porta do Atlántico é a fonte escollida pola afección do Real Club Celta de Vigo para celebrar as vitorias do seu equipo, e na mesma praza instálase unha gran verbena ao ar libre na Noitevella.

Galería de imaxes

editar