Código postal
O código postal está composto por unha serie de caracteres que se inclúen nos enderezos postais para facilitar e axilizar o servizo de correos. Normalmente, os códigos son unha serie de díxitos, mais algúns estados tamén empregan letras.
Historia e características
editarA República Federal de Alemaña foi o primeiro país do mundo en introducir o sistema de códigos postais, a comezos dos 60. Pouco despois tamén seguiría o mesmo exemplo os estadounidenses.
A gran maioría de servizos postais estatais do mundo utilizan este método. Algúns lugares alleos a este sistema son Irlanda, Xibraltar ou Hong Kong.
Os códigos postais adoitan designar unha área xeográfica concreta, mais ás veces ese non é o caso, e pode referirse a unhas institucións, cadeas de televisións ou organismos oficias, que reciben grandes lotes de correo.
Códigos postais do mundo
editarCódigos postais alfanuméricos
editarA maior parte dos códigos postais son só numéricos. Mais, úsanse códigos alfanuméricos (de letras e números) en Andorra, Ecuador, Bermudas, Brunei, Canadá, Malta, Países Baixos, Perú, Reino Unido e Venezuela.
Os códigos postais portugueses, dos Correios de Portugal, constan de 7 díxitos que forman dous grupos diferenciados, o primeiro de catro números, e o segundo de tres, separados por unha raia e seguidos dunha designación postal de 25 caracteres como máximo. É un sistema bastante eficaz, pois o propio código postal direcciónanos a un edificio concreto.