Correo

(Redirección desde «Servizo postal»)

O servizo postal ou servizo de correo é un sistema dedicado a transportar cartas, así como outros documentos escritos e paquetes de tamaño pequeno ou medio ao redor do mundo, así como xiros. Todo documento enviado a través do sistema postal é chamado correo ou correspondencia. Os paquetes son "envíos postais" que se poden transportar por terra, mar, ou aire; cada un con tarifas diferentes dependendo do tipo de envío, a súa duración na entrega e se leva ou non outros servizos adicionais. Un sistema postal pode ser privado ou estatal. Os sistemas privados a miúdo teñen impostas restricións por parte dos gobernos.

Casa de Correos en Vigo, obra de Manuel Gómez Román.

O 9 de outubro celébrase o Día Mundial do Correo. Foi establecido pola Unión Postal Universal en 1969, en Tokio, para conmemorar que tal día como ese de 1874 se fundou esta organización, coa firma do Tratado de Berna polos representantes das 22 nacións asistentes á Conferencia [1]

Galería de imaxes

editar
  1. La Voz de Galicia, suplemento La Voz de la Escuela, 9.10.2019.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar