Casa de Correos e Telégrafos de Vigo

A Casa de Correos é un edificio histórico situado na Praza de Compostela, na esquina coa rúa da Reconquista, 2, no centro da cidade de Vigo. Dende a súa construción foi a sede principal da compañía estatal de correos e telégrafos.

Edificio de Correos e Telégrafos de Vigo
Correiovigo.jpg
Edificio
EstiloClasicista con toques modernistas
LocalizaciónVigo, Galicia, España
Coordenadas42°14′20″N 8°43′24″O / 42.238871, -8.723367
Construción
Inicio1920
Remate1929
Equipo
Arquitecto(s)Manuel Gómez Román
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

A Casa de Correos era unha vella aspiración da boiante vila de Vigo no cambio do século XIX ao XX. Nesa época rematárase o recheo para o deseño dos xardíns da alameda da Praza de Compostela. En 1920 o concurso para a súa construción foi gañado polo arquitecto Manuel Gómez Román, autor doutros edificios notábeis da cidade coma o Edificio Simeón, o Edificio Mülder ou a sede do antigo Banco de Vigo (hoxe edificio do Banco Pastor). As obras non remataron até 1929, e non puido ser empregado até 1931, cando se abre a rúa da Reconquista. Construído sobre os restos dunha vella alfándega de pedra do século XVIII, abandonada xa nese momento, a obra foi executada polo contratista Vicente Calderón.[1]

Construción e estiloEditar

Abandonando o estilo modernista que caracterizou a súa primeira etapa, Gómez Román constrúe un edificio moi marcado polo estilo clasicista de Antonio Palacios. De corte clasicista, o chafrán da entrada actúa coma elemento referencial e coma principal acceso ao edificio, cun enorme arco de medio punto. A composición nas dúas bandas do chafrán é simétrica, cun enorme zócolo de base, con grandes pilastras sobre o mesmo que enmarcan grandes vans verticais, e un último andar que actúa a xeito de entaboamento, con fiestras máis pequenas, cornixa e óculo no ático ou faio. Salienta ademais o recrecido neobarroco con orelleras do última andas, xusto por riba do chafrán, que ilustra ademais o percorrido que nese momento Manuel Gómez Román estaba a realizar cara o estilo rexionalista, do que será un consumado exemplo. Decorativamente é austero, cun apicoado fino no zócolo, e os símbolos propios de correos por riba da porta principal.[2]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Garrido Rodríguez, Jaime, 2000, Arquitectura da Pedra en Vigo, Construcciones Conde, Vigo, p.354
  2. Garrido Rodríguez, Jaime, 2000, Arquitectura da Pedra en Vigo, Construcciones Conde, Vigo, p. 355.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar