Rúa Reconquista de Vigo

Rúa de Vigo

Coordenadas: 42°14′17″N 8°43′23″O / 42.23806, -8.72306

A rúa Reconquista é unha rúa da cidade olívica que debe o seu nome, dende maio de 1882, á conmemoración da expulsión do exército francés, o 28 de marzo de 1809, por parte dos vigueses. Liga a rúa Policarpo Sanz coa praza de Compostela.

Rúa Reconquista.

UrbanismoEditar

É curta, duns 150 metros de largo e entre 13 e 15 metros de ancho. Inclinada e formada por catro mazás, dúas a cada lado. De sentido único ascendente para o tráfico rodado.

 
Placa no edificio onde viviu Plácido Castro.

Comeza na alameda da praza de Compostela, rúa Victoria. Na esquina dos pares está o edificio de Correos e Telégrafos, obra de 1920 de Manuel Gómez Román.[1] Na dos impares, no n.º 1, están as instalación nas que se fundou a Editorial Galaxia no ano 1951, edificio Iglesias Curty, do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez.

Ascende cara ao sur, atravesando a rúa Marques de Valladares. Nunha desas esquinas álzase o edificio Banca Viñas Aranda, obra de 1941 de Antonio Palacios,[2] que logo sería sede do Banco de Vigo, posteriormente adquirido polo Banco Popular. Na outra o inmoble da Equitativa, proxectado en 1948 por Manuel Cabanyens y Mata.[3]

Remata na rúa Policarpo Sanz. Na esquina oeste, ocupando todo o quinteiro, érguese o Teatro García Barbón, de 1927, obra tamén de Palacios e sede do Centro Cultural Caixanova. Na leste atópase a Casa das Artes, sede da Fundación Laxeiro e o Arquivo Pacheco.

No número 11 desta rúa, viviu desterrado o escritor galego Plácido Castro,[4] «a voz que acadou o recoñecemento internacional de Galicia como nación».[5]

Galería de imaxesEditar

Correos e Telégrafos, Rúa Vitoria esquina coa Rúa Reconquista. 
Edificio Banca Viñas-Aranda, Marqués de Valladares coa R. Reconquista. 
Edificio da Equitativa, Rúa Marqués de Valladares coa R. Reconquista. 
Teatro García Barbón, Policarpo Sanz esquina Rúa Reconquista. 
Casa das Artes, Rúa Policarpo Sanz coa Rúa Reconquista. 

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar