Era fillo de Jenaro de la Fuente Domínguez, mestre de obras e facultativo municipal do concello[1]. Obtivo o título de arquitectura en Madrid no ano 1921 á idade de 30 anos.
Vivendas para a Compañía Carbonera proxectado en 1942.
Logo de cursar os seus estudos decidiu instalarse en Vigo onde comezaría a súa carreira profesional. Ao ano seguinte de chegar á cidade, o seu pai falecería aos 71 anos de idade, deixando vacante o seu cargo de arquitecto municipal, posto que ocuparía o fillo.
Por aquel entón, en Vigo só había tres arquitectos: Jacobo Esténs Romeu, José Franco Montes e Manuel Gómez Román, que era o que máis traballo desenvolvía na cidade.
A pesar de ser Vigo a cidade onde levou a cabo a meirande parte dos seus traballos, tamén fixo proxectos noutras cidades como Santiago de Compostela, onde destacan a Cidade-Xardín da Rosaleda e a Cidade Universitaria.
Faleceu en 1963 aos 72 anos de idade, deixando un legado arquitectónico de grande beleza, que non está completo xa que algúns dos seus edificios foron derrubados para especular cos seus soares e edificar en altura.