Zócolo (construción)
O zócolo (do latín socculus, "baseamento") en arquitectura e construción é a parte inferior dunha construción que ten como función elevar os baseamentos ao mesmo nivel ou cota[1].
Adoitan construírse de pedra tallada con elevadas prestacións aos esforzos de compresión, é por esta razón polo que predomina o granito. O zócolo está soportado directamente sobre os alicerces dos edificios, antigamente consistía nun paralelepípedo pétreo que se asentaba inmediatamente sobre o chan.[2]
Nas columnas denomínase zócolo (ou baseamento) á peza cilíndrica sobre a que se soporta, é por esta razón pola que se emprega como sinónimo de pedestal.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zócolo.
- ↑ Francisco José León Tello, María M. Virginia Sanz Sanz, (1994), Estética y teoría de la arquitectura en los tratados españoles del siglo XVIII, Madrid, páx. 123.