Guillerme I de Inglaterra
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Guillerme I de Inglaterra, nado en 1027 e finado o 9 de setembro de 1087, foi o primeiro rei normando de Inglaterra, tras a morte de Haroldo II de Inglaterra na batalla de Hastings. Tamén foi chamado Guillerme o Conquistador e Guillerme de Normandía, e mesmo Guillerme o Bastardo, por ser fillo ilexítimo do seu pai, Roberto o Magnífico, duque de Normandía.
Traxectoria
editarGuillerme naceu no 1027 e accedeu ao ducado de Normandía á idade de sete anos. Aos 15 foi nomeado cabaleiro por Henrique I de Francia, e aos 19 xa facía fronte a rebelións internas no ducado. Tras a morte do seu tío, Eduardo o Confesor, rei de Inglaterra, Guillerme reclamou o trono, que dicía lle deixara en herdo o seu tío, argumentando ademais que Harold Godwinson, o maior terratenente de Inglaterra, o recoñecera como rei. Pero Harold converteuse en Harold II de Inglaterra, e Guillerme reclamou os seus dereitos mediante a guerra, tras recibir a aprobación do papa.
A batalla definitiva da Conquista Normanda de Inglaterra foi a de Hastings, onde Harold II morreu, atravesado o seu ollo por unha frecha. Os restantes nobres saxóns non tardaron en renderse ao poder normando, e Guillerme foi proclamado rei.
Durante o seu reinado, Guillerme fixo grandes cambios que permanecerían durante séculos. Baixo o seu mandato compilouse o primeiro catastro da historia, chamado Domesday Book. Guillerme tamén reformou a lei, mesturando as leis anglosaxoas coas normandas. Por último, impuxo o francés normando como lingua das clases altas durante tres séculos, ata que se mesturase a gramática e vocabulario básico inglés cunha enorme cantidade de léxico de orixe latino do francés normando ata crear a base do inglés moderno.
Predecesor: Roberto I de Normandía |
Duque de Normandía 1035 – 1087 |
Sucesor: Roberto II de Normandía |
Predecesor: Harold II de Inglaterra |
Rei de Inglaterra 1066 – 1087 |
Sucesor: Guillerme II de Inglaterra |