Comunidade Francesa de Bélxica

A Comunidade Francesa de Bélxica (en francés: Communauté française de Belgique) é unha das tres comunidades lingüísticas de Bélxica. A súa sede atópase en Bruxelas e opera dentro das rexións belgas de Bruxelas-Capital e Valonia.

Communauté française de Belgique
Comunidade francesa de Bélxica
Bandeira de Flandres
Bandeira
Communauté française in Belgium.svg
EstadoFlag of Belgium.svg Bélxica
CapitalBruxelas
Cidade máis poboadaBruxelas
Lingua oficialFrancés e, en Bruxelas, neerlandés e francés
Forma de gobernoParlamento da Comunidade Francesa de Bélxica
Rudy Demotte (PS)
Federación1980
 • Total16 151 km²
 • Total4 226 744 (2007) hab.
 • Densidade262 hab./km²
Código ISOn/d

A Comunidade non designa a un territorio, senón á comunidade de persoas que se comunican en lingua francesa e que viven nas áreas onde a Comunidade ten competencias. A Comunidade francesa dispón de institucións propias: parlamento e goberno, e exerce as súas competencias nos ámbitos de educación, cultura, política lingüística, medios de comunicación, investigación, saúde, mocidade e deportes.

DescriciónEditar

A Comunidade Francesa agrupa a 4,2 millóns de cidadáns francófonos, dos cales 3,3 millóns (78,6 %) viven na Rexión Valoa e 0,9 millóns (21,4 %) na Rexión de Bruxelas-Capital. Os valones residentes na área de fala alemá dos Cantóns do Leste, os flamengos de Bruxelas, e os francófonos residentes na periferia flamenga de Bruxelas non forman parte da Comunidade Francesa.

InstituciónsEditar

A cidade de Bruxelas é a sede do Parlamento e do Goberno da Comunidade Francesa.

ParlamentoEditar

O Parlamento componse de 94 membros (os 75 membros do Parlamento valón e 19 membros elixidos entre os cargos electos francófonos do Parlamento da rexión de Bruxelas capital).

GobernoEditar

O Parlamento elixe ao Goberno. Un dos seus membros pertence polo menos á rexión de Bruxelas capital.

Desde o 20 de marzo de 2008, o Goberno da Comunidade Francesa está presidido por Rudy Demotte, membro do Partido Socialista (PS) e ministro-presidente do goberno valón.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar