Pobo sorabo
Os sorabos[4] (en alto sorabo: serbja, en baixo sorabo: serby, en alemán: sorben), son un grupo étnico eslavo que habitan en Lusacia, unha rexión dividida entre Alemaña (os estados de Saxonia e Brandenburgo) e Polonia (as provincias de Baixa Silesia e Lubusz). Segundo Constantino VII, os serbios dos Balcáns teñen a mesma orixe que os sorabos e os caxubios. Tamén di que os serbios habitaron as áreas entre os ríos Elba e Vístula, na costa sur do mar Báltico. Tradicionalmente falan a lingua soraba, estreitamente relacionada co polaco, o caxubio, o checo e o eslovaco.[5] O sorabo é unha lingua minoritaria oficialmente recoñecida en Alemaña. Os sorabos están xenética e lingüisticamente máis relacionados cos checos e cos polacos. Por mor do proceso de asimiliación cultural entre os século XVII e XX, tódolos sorabos falan alemán dende o século XIX, e as novas xeracións tenden a non falar a lingua. O pobo sorabo está dividido relixiosamente entre católicos (a maioría) e luteranos.
Pobo sorabo | |
---|---|
Traxes tradicionais sorabos. | |
Poboación | |
Poboación total: 60 000[1]-70 000[2] (estimado) | |
Rexións principais: | |
Alemaña | 60 000 |
República Checa | 2 000[3] |
Polonia | menos de 1 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Sorabo (Alto sorabo e baixo sorabo) e alemán |
Relixión | Maioría católica e minoría luterana |
Grupos relacionados | polacos, silesianos e checos |
Notas
editar- ↑ Catherine Hickley. Germany's Sorb Minority Fights to Save Villages From Vattenfall. Bloomberg. 18 de decembro de 2007.
- ↑ faqs.org (ed.). "Sorbs of East Germany". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ luzice.cz (ed.). "Společnost přátel Lužice". Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ "Entrada sorabo-a en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 29 de novembro de 2017.
- ↑ Helmut Faska. About Sorbian Language Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine..